-
-
657 m
209 m
0
4,1
8,1
16,24 km

Vista 1869 veces, descargada 21 veces

preto de Pombeiro, Galicia (España)

Sábado, 06 de xuño 2015. San Vicente de Pombeiro - Miradoiros de Pena Pombeira e A Cruz.
Pódese ir dende a parte OS Peares, pero o acceso é aínda máis vertixinoso, fermosas panorámicas sobre o Sil fan esquecer as curvas. Un percorrido por un ámbito de grandiosa beleza, cheo de viñedos. Destaca o Priorado (Igrexa de San Vicente).
Un percorrido circular dun pouco máis de dezaseis quilómetros, representativos da Ribeira Sacra pasando polo pobo de San Cosmede (próximo ao río Sil), Lornís e os fantásticos miradoiros de Pena Pombeira e A Cruz. O miradoiro de Pena Pombeira está situado no punto máis alto do Concello de Pantón (703 metros), e ofrécenos unha vista incrible das terras do Val de Lemos, da ribeira ourensana do Sil, entre Os Peares e Parada de Sil.
En días claros ou con prismáticos podemos ver ata Carballedo e Chantada, cos montes Faro e Farelo no horizonte

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta