• Foto de San Xoán da Coba(Ponte Ulla)
  • Foto de San Xoán da Coba(Ponte Ulla)
  • Foto de San Xoán da Coba(Ponte Ulla)
  • Foto de San Xoán da Coba(Ponte Ulla)
  • Foto de San Xoán da Coba(Ponte Ulla)
  • Foto de San Xoán da Coba(Ponte Ulla)

Tempo  9 horas 59 minutos

Coordenadas 2031

Fecha de subida 24 de agosto de 2013

Fecha de realización agosto 2013

-
-
131 m
39 m
0
8,1
16
32,59 km

Vista 1334 veces, descargada 12 veces

preto de Trobe, Galicia (España)

Aínda que esta ruta o seu inicio é no Miradoiro de Gundián, xunto a ponte do ferrocarril en San Xoán da Coba e descorrendo pola marxe dereita do río Ulla, nos iniciámola xunta a Igrexa de San Andrés de Trobe pola mesma marxe dereita do río, pero en sentido contrario. Temos que comentar que dende o punto de inicio ata a área de lecer de Cubelas en San Pedro de Sarandón, sobre 6,5 Km., a senda está moi pouco transitada e sen limpar, o que fai que teñamos moitas dificultades para poder camiñar pola gran cantidade de maleza con moitas silvas que practicamente cerran os camiños. Cando regresamos, fixémolo polas pistas que hai uns metros mais arriba e que van paralelas o tramo do río. Existen sinais de ruta BTT.
Todo o contrario que pasa dende a citada área de lecer, que por certo o pasado día catro de este mes de agosto, celebrouse un xantar campeiro a base de chourizos, churrasco, sobremesa e bebidas, anunciada como a IV festa do chourizo, posto que o camiño si está totalmente limpo o que fai que a camiñada se poida facer sen ningunha complicación ata o final, que nos decidimos facelo en Ponte Ulla. Aquí xantamos moi ben no churrasco de Juanito. Iniciamos o retorno ata o punto de saída en Trobe, posto que nos quedaban aínda 15 quilómetro para chegar, sen poder ir a ver a ponte do ferrocarril, nin o miradoiro.
Esta é unha fermosa ruta que aconsellamos comenzar, si o facedes o revés de como está marcada, na área de lecer de Cubelas.
Destacamos, a parte do impresionante río Ulla, as áreas recreativas de Cubelas e Agronovo, e a pasarela peonil de Ximonde. Tamén a cantidade de árbores autóctonos como os piñeiros, ameneiros, bidueiros, etc. , algún que outro pato salvaxe, pero nada mais. Aínda que nas indicacións que atopamos no percorrido indican uns poucos mais de animais.
Xa cando íamos de regreso, atopamos con M. De Bran, que nos comenta que avistou unha tartaruga no couto salmoeiro de Ximonde e que o publicou en GaliciaHoxe.com. No extensivo, interesante e ben documentado artigo publicado, queremos deixar constancia pinchando aquí. Tamén queremos agradecerlle que nos informara do feito.
Taberna Da Ponte Lugar de Ponte Ulla 4 Vedra, A Coruña, 15885, Galicia
FINAL DE LA RUTA OFICIAL , NOSOTROS CONTINUAMOS LA RUTA RIO ABAJO

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta