Tempo  6 horas 10 minutos

Coordenadas 1293

Fecha de subida 10 de abril de 2016

Fecha de realización abril 2016

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
453 m
307 m
0
3,7
7,4
14,8 km

Vista 2601 veces, descargada 47 veces

preto de Palmés, Galicia (España)

No lugar de Naves, freguesía de San Mamede de Palmés -concello de Ourense- atópase o mosteiro beneditino de Santa Comba que suponse fundado por Alfonso III no ano 888. Foi abandonado na Idade Moderna e novamente reconstruido en 1760 e outra vez sen uso coa desamortización de 1836.

A construción é de planta rectangular con tres naves e dous andares e cunha capacidade para 12 monxes. O estado actual é ruinoso, conservándose ben os paramentos e pódense ver os restos dun lagar, a lareira, un brasón na porta principal e numerosas marcas de canteiros; estando no mesmo predio a capela do mosteiro. Está encravado nunha aba con abraiantes vistas sobre o val do Miño e a cidade de Ourense, mergullado nunha contorna natural na que sobrancean as carballeiras. A única vía de acceso é un secular camiño carreteiro onde son visíbeis as rodeiras.

O roteiro pasa por varias aldeas nas que podemos ver típicas casas de pedra con patín e algunhas delas con forno comunitario para cocer o pan como son A Burata, Pazos, Nogueira, Naves e A Conchada, esta última no medio dunha vizosa fraga.

En coche pódese facer tamén a Ruta dos Fornos Comunitarios de Pan, que abrangue a vinte destas construcións nas aldeas dos arredores.

Ver más external

foto

A Conchada

Lugar preto do mosteiro de Santa Comba.
foto

Abeleda

Aldea da parroquia de Palmés, Ourense.
árbol

Carballeira 1

Bosque de carballos.
árbol

Carballeira 2

Bosque de carballos.
árbol

Carballeira 3

Bosque de carballos.
Waypoint

Comezo en Palmes

Punto de inicio do roteiro na parroquia de Palmés.
foto

Escultura

Escultura na aldea de Freixedo.
foto

Forno A Burata

Forno de pan comunitario no lugar de A Burata.
foto

Forno A Conchada

Forno de pan comunitario no lugar de A Conchada.
foto

Forno Naves

Forno comunitario de pan en Naves.
foto

Forno Nogueira

Forno de pan comunitario no lugar de Nogueira.
foto

Forno Pazos

Forno comunitario de pan no lugar de Pazos.
foto

Freixedo

Lugar polo que pasa o roteiro. Conta cunha curiosa escultura.
Arquitectura religiosa

Mosteiro

Mosteiro de Santa Comba de Naves, na fegresía de Palmés, concello de Ourense.
Ruinas

Muiño 1

Muíño no rego da Burata.
Ruinas

Muiño 2

Muíño hidráulico no rego da Burata.
Ruinas

Muiño 3

Muíño hidráulico no rego da Burata.
foto

Naves

Lugar na parroquia de Palmés, concello de Ourense.
foto

Nogueira

Aldea pola que pasa o noso percorrido. Ten un forno comunitario.
foto

Pazos

Lugar polo que pasa o roteiro. Conta cun forno comunitario.
Ponte

Pontella

Pontón de pedra sobre o regato Porto.
Ponte

Ponton

Pontella de pedra sobre o rego da Burata.
Río

Rego Porto

Tributario do regato da Burata.
foto

San Xiao

Lugar no percorrido.
foto

Vilariño

Lugar polo que pasa o roteiro.

5 comentarios

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 10-abr-2016

    O percorrido aconsello facelo no sentido das agullas do reloxo; o mellor saborease de último.

  • Foto de Chacaritas

    Chacaritas 12-abr-2016

    Graciñas Suso. Iremos a redescubrila tan pronto mellore o tempo. Apertas.

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 12-abr-2016

    Saúdos, Chacaritas. Que a disfrutedes.

  • Foto de Bruno43

    Bruno43 05-mar-2019

    Una pena no entender la explicación, ya buscaré otra....

  • Foto de Fina López

    Fina López 31-mar-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Ruta pròxima a Ourense ciudad, bonita y fácil de seguir.
    Buena explicación sobre el monasterio.
    La hicimos este sábado aunque nos desviamos en varias ocasiones de la ruta marcada buscando vistas panorámicas.
    Muchas gracias.

Si quieres, puedes o esta ruta