Tempo  unha hora 18 minutos

Coordenadas 531

Fecha de subida 10 de octubre de 2014

Fecha de realización octubre 2014

-
-
102 m
46 m
0
1,5
3,0
5,96 km

Vista 1767 veces, descargada 13 veces

preto de A Guarda, Galicia (España)

Esta ruta está marcada como Senda Azul y PR-G 160, aínda que en realidad o que está sinalizado como Senda Azul é unha parte do PR-G 160, e neste caso só reflexamos os preto de 6 km da Senda Azul (temos a parte complementaria na ruta "Desembocadura do Miño. A Guarda").
Trátase dunha ruta lineal, na que a parte que vai dende o Museo do Mar ata un dos paneis informativos tras da cetária de Agrelo (case 3 km) é por asfalto.
Tanto no punto de partida coma no final hai espazo para aparcar.
É unha ruta interesante porque permite comunicar a ruta de "Desembocadura do Miño" coa "Ruta das Cetárias", mais aconsellamos facer antes calquera destas últimas.
Se tes interese na toponimia, hai unha excelente publicación de X.L.Vilar e R.Rodríguez que convén ver antes de percorrer a senda.
É un itinerario practicamente plano e sen dificultade.
A praia de Area Grande é ben coñecida polos "baños" nas súas augas salgadas e enriquecidas coas algas da zona, aconselladas para persoas con problemas de pel. Ten un par de bares onde desfrutar da posta de sol dende a terraza.
Como en tódolas praias con este nome, o cheiriño que as caracteriza ven das algas secas ao sol cando a marea está baixa.
Esta é unha das catros cetárias da ruta homónima, que durante moitas décadas deu de comer a varias familias da Guarda. Cada cetária conta cun panel onde explica un pouco a historia destas construccións, ampliable a través dos roteiros interpretados que dende Buguina facemos desta "Ruta das Cetárias".
O Museo do Mar da Guarda está na reproducción da antiga Atalaia da Guarda, reubicada neste punto do porto. O horario de apertura varía segundo a época do ano, obviamente é nos meses de verán onde é máis doado atopalo aberto. Especialmente interesante é un vídeo que se proxecta sobre a relación da Guarda co Mar.
Vista do Porto da Guarda
Cetária de Agrelo
Panel informativo, a partir deste punto a senda transcurre por un paseo de madeira.
O Puntal co Forte da Insua ao fondo, fortificación ubicada no illote portugués que se atopa entre A Guarda e Caminha (Portugal) na desembocadura do Miño.
Panel de fin de Senda Azul, aínda que nós indicamos o fin de ruta uns metros máis alá, na praia do Muíño. No panel hai un código QR que permite descargar unha aplicación para dispositivos móbiles, que probablemente non aporte moito se non intención de percorrer outras Sendas Azuis.
Dende esta praia podes comezar a ruta de "Desembocadura do Miño. A Guarda" que leva ata o embarcadoiro do ferri a Caminha (Portugal), aínda que actualmente non funciona o servizo. Tamén liga coa Ruta Ornitolóxica, pasado polo asteleiro da Pasaxe ou polo monumental Colexio de Xesuitas, antigo campo de concentración durante a Guerra Civil.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta