Tempo  2 horas 41 minutos

Coordenadas 870

Fecha de subida 20 de abril de 2016

Fecha de realización abril 2016

-
-
108 m
44 m
0
2,4
4,7
9,42 km

Vista 1148 veces, descargada 7 veces

preto de Vila Nova de Cerveira, Viana do Castelo (Portugal)

Senda Circular que parte do Espazo Fortaleza (antigo embarcadoiro do ferri entre Goián (Galicia) e Vila Nova de Cerveira (Fortugal) que enlaza con 2 sendas: a Senda de Pescadores do Rosal, PRG-112 (http://www.turismo.gal/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=277248489&ctre=23&volverFicha=true); e coa Ecopista de Cerveira (http://www.cm-vncerveira.pt/pages/388).
Neste percorrido podemos visitar todos os espazos onde houbo fortificacións en Goián, nalgúns casos consérvanse parte das estruturas, noutros non queda prácticamente nada e no caso do Forte de San Lourenzo houbo unha intervención que permitiu a súa conservación. Para máis información das fortalezas pode acceder a http://www.fortalezas.es/
Na zona da praia de Eiras e de Goián hai varios bares e restaurantes.
Goián, de onde saía o ferri a Cerveira. Amplía zona de aparcadoiro.
Panel informativo
Vista do Pazo-Torre dos Correa. http://www.fortalezas.es/extras/fortificaciones-de-goian-sobre-fotografia-aerea-de-1956-1957
Vista da Ponte da Amizade, Goián-Vila Nova de Cerveira
Torre dos Ratos. http://www.fortalezas.es/fortificaciones/torre-dos-ratos
Desvío para a Ponte da Amizade. Dende este punto podemos acceder á estrada que leva a Ponte da Amizade e cruzar ata Portugal, a Vila Nova de Cerveira, enlazando coa ecopista de Cerveira, que nos leva ao Forte de Lovelhe ( menos de 1 km), á praia da Lenta (menos de 2 km) ou ao centro de Cerveira (menos de 3 km). A Ponte da Amizade ten aceras para o paso de peóns.
Asociación Copo sen Fundo é unha entidade sen ánimo de lucro de ámbito cultural-gastronómico, a xeito dos txokos vascos. Conserva un dos poucos carochos ou barcos do Miño que no foron modificados (corte da popa para adaptarse ao motor), que aparece na imaxe.
Forte das Chagas. Este forte fíxose durante a Guerra de Restauración polo exército portugués. Nos meses de inverno, cando a vexetación é máis baixa, é posible identificar os distintos elementos da fortificación (feita en terra e madeira) para persoas que coñezan un pouquiño sobre este tipo de fortalezas. http://www.fortalezas.es/fortificaciones/forte-das-chagas
Virar á esquerda. Forte Nosa Señora da Concepción levantado polo exército portugués durante a Guerra de Restauración. Actualmente o espazo onde se ubica a capela de San Roque e o Palco corresponde ao antigo patio de armas. A fortificación foi desmantelada e varias edificacións alteraron grande parte da estrutura, que aínda se conserva nalgunha zona (baluartes con orientación SO). É aconsellable ver o plano que hai no chan (cruzando a estrada) para facerse unha idea das dimensións desta fortificación. http://www.fortalezas.es/fortificaciones/fortificacion-de-nosa-senora-da-concepcion
Capela San Roque
Planta do Forte de Nosa Señora
Virar á dereita (indo a carón do río)
Paso e lavadoiro
Peto de Ánimas (e cruceiro)
Praia de Eiras. Hai varios bares e restaurantes. Dende este punto enlázase co PRG 112.
Vista do Miño e Illa Boega
Ponte sobre río Tollo (límite entre parroquia de Goián e a de Eiras) e panel informativo
Vista do Miño
Forte de San Lourenzo-Espazo Fortaleza. Conta con parque para nen@s (tirolina, columpios, etc.), bar e audioguías para visitar o Forte de San Lourenzo de Goián. Nos meses de verán tamén hai un Punto de Información Turística, baños, aluguer de kaiak e bicicletas, visitas guiadas, préstamo de xogos, libros e revistas, e outras actividades. http://www.fortalezas.es/fortificaciones/forte-de-san-lorenzo

1 comentario

  • Foto de Buguina

    Buguina 21-abr-2016

    Esta ruta é unha actualización doutra feita hai varios anos, pois se fixeron 2 sendas á beira do río Miño que melloran o trazado. Dende Buguina (www.buguina.eu) organizamos rutas interpretadas sobre as fortificacións nesta zona dende o 2010.

Si quieres, puedes o esta ruta