Tempo  5 horas 28 minutos

Coordenadas 3265

Fecha de subida 30 de enero de 2014

Fecha de realización enero 2014

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
386 m
246 m
0
4,7
9,4
18,79 km

Vista 1718 veces, descargada 83 veces

preto de Moscoso, Galicia (España)

Senda da Fraga do Barragán... Poucos lugares como este. Quen a percorra ha querer volver e non unha vez, senón moitas e en cada época do ano. Visitámola por primeira vez a finais de xaneiro, despois dun mes e medio de chuvia continuada. Con máis auga no río xa non poderiamos cruzar nos pasos de pedras. Abofé que volveremos na primavera, no verán e no outono. Carballeira fermosa, ruta coidada e todo un exemplo de recuperación, as persoas que fixeron isto posible merecen todo o noso agradecemento.
Por equivocación nun cruzamento, en lugar de comezar en Xunqueiras, como tiñamos pensado, aparecemos na ponte do Carrillón, e alí mesmo botamos a andar. Devagariño, quen queira camiñar ás présas igual ten que procurar outro lugar, porque aquí o corpo e a mente piden deterse e esculcar os recantos. Auga, fronda e pedra, pedra abrazada por unhas tonalidades de verde dunha vivacidade pouco frecuente e fermosa.
Cadrounos un día con moita néboa fóra da fraga e con poalleira continua, pero paga a pena igualmente.
En Moscoso non fai falla desviarse, mais no torreiro haivos un bar con cervexa fresca e tortilla...

O noso percorrido foi o que segue:
Ponte do Carrillón
Muíño do Carrillón
Muíño de Herdeiros
Muíño do Traquillón
Muíño do Perico
Muíño do Abade
Muíño Novo
Muíño Vello
A Ponte Vella
Pasos dos Campos
Pasos dos Barcos
Freaza
Muíño de Cubo
Muíño de Trigo
Muíño de Agosto
A Ponte de Pau
A Levada das de Maruxa
Xunqueiras
Moscoso
Muíño do Rabelo
Acueduto
Miradoiro Coto do Castro
Monte da Cidade
Muíño de Porta Cavada
Muíño do Barragán
Ponte do Barragán

Toda a información, na web desta xente http://www.sendadobarragan.com. Moitísimas grazas polo voso traballo!

Ver más external

Dende aquí podemos acceder a unha fermosa fervenza. Velaí unhas fotos.
Xunto a un pequeno merendeiro
Acceso dende a estrada a 400 metros dos muíños de Freaza
A ruta atravesa o lugar de Xunqueiras, un bo punto de acceso para a ruta.
Desviámonos uns 500 metros para refrescar a gorxa cunha boa Estrela...
Nun afluente do Barragán
Non hai fotos das vistas... pechado de néboa.

2 comentarios

  • philipk20 02-may-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Muy bonito

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 02-may-2019

    Moitas grazas pola valoración e polo comentario, philipk20. Alédome de que che gustase

Si quieres, puedes o esta ruta