Tempo  2 horas 5 minutos

Coordenadas 675

Fecha de subida 9 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
52 m
16 m
0
2,5
4,9
9,85 km

Vista 1115 veces, descargada 40 veces

preto de Rebordanes, Galicia (España)

Este roteiro promovido polo concello de Tui atópase sinalizado con marcas branquiazuis e nun primeiro treito ven cadrando co Camiño Portugués -indo aquí durante uns dous quilómetros por asfalto-. A partir da fermosa pontella das Febres internámonos totalmente na área natural das Gándaras de Budiño para finalmente enlazar coa Senda do Lagartón, que nos levará de novo ao punto de comezo da nosa andaina na ponte medieval de A Veiga, en Guillarei.

O percurso toma o nome de Pedra Santa dunha lenda, como explica o cartel que hai ao comezo da senda:

"Segundo a tradición popular os rapaces de Guillarei e Rebordáns ían coas ovellas e o gando para o monte das Baladas e xogaban tirando pedras ó río. Unha desas pedras era a que estaba enriba dun penedo no lugar do Salgueiral, barrio de Alvelos (antes o penedo estaba pegado ao Louro, agora quedou alonxado do canle do río polas obras de limpeza e depuración das súas augas) pero o día seguinte apareceu enriba.

Os rapaces contaron isto nas súas casas; entón foron os país e empurraron tamén a pedra ó río, pero o outro día volveu ó mesmo sitio. Ante tal comprobación dixeron que aquela pedra tiña que ser Santa. Cargárona nun carro de bois na outra parte do río, na marxen dereita, algúns din que para levala para Portugal xunto coa súa irmá, a Virxe do Faro, xa que o único modo de carretala era polo Camiño de Santiago. Ademáis naquel tempo, o río vadeábase fácilmente, sobre todo no verán.

Chegando ao lugar da Virxe do Camiño, o carro detúbose e no intento de poñelo a andar, xunguiron ata seis xuntas de bois, romperon varios eixos do carro, pero non sairon de alí. Logo, con dous bois, trasladaron a pedra dende o camiño ata o sitio onde está hoxe a capela, construida no século XVIII, sobre a antiga capela que fora construída no século XII.

Despois, construiron a capela coa porta principal mirando ó monte Aloia, pero inesperadamente a imaxe cambiou a súa posición cara o monte Faro, en Portugal. Ante esta nova persistencia os veciños tomaron a decisión de tapiar a porta e abrir outra ó este, para cumprir co que parecía un desexo claro da Virxe do Camiño: estar vendo constantemente a ermida portuguesa onde se lle venera co título da Nosa Señora do Faro."

Ver más external

foto

Camiño 1

Camiño preto da Ponte das Febres.
foto

Camiño 2

Camiño nas Gándaras de Budiño.
foto

Camiño Santiago

Camiño Portugués de Santiago.
foto

Campa

Pradarío nas Gándaras de Budiño.
Waypoint

Comezo Pedra Santa

Inicio do sendeiro ao carón da ponte medieval de A Veiga, en Guillarei.
árbol

Fraga

Bosque mixto nas Gándaras de Budiño.
foto

Gandaras Budiño

Espacio natural protegido con humedais e bosque mixto.
foto

Pedra Santa

Pedra con lenda.
Ponte

Ponte da Veiga

Ponte baixo medieval sobre o río Louro, preto da súa desembocadura.
Ponte

Ponte das Febres

Pontella de pedra sobre o rego San Simón, un afluente do Louro.
Ponte

Pontella Lagarton

Pontella sobre o rego Lagartón, nas Gándaras de Budiño.
Ponte

Ponton rio Louro

Pontella sobre o río Louro nas Gándaras de Budiño.
Río

Rio Louro

Afluente do río Miño pola marxe dereita.
Ruinas

Ruinas casas

Casas en ruínas na Senda do Lagartón, Gándaras de Budiño.
foto

Senda Lagarton

Pequeño sendeiro nas Gándaras de Budiño.
Arquitectura religiosa

Virxe do Camiño

Capela no Camiño Portugués de Santiago.

1 comentario

  • Victortorneiros 27-ago-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Muy bonita

Si quieres, puedes o esta ruta