-
-
409 m
236 m
0
2,1
4,2
8,48 km

Vista 5819 veces, descargada 167 veces

preto de Ciquiril, Galicia (España)

A primeira parte deste sendeiro circular transcorre polas ourelas do río Umia, comezando na Ponte do Ramo, onde antigamente levábase a cabo a ceremonia do bautismo prenatal na que as mulleres embarazadas agardaban a medianoite o paso dalgún transeúnte que convertíase en padriño ou madriña da criatura por nacer.
Camiñamos co río Umia a nosa esquerda cara a aldea de Vilar de Mato, metidos entre un vizoso bosque de ribeira e logo de pasar dous pequenos regos e mais o rego de Armada, chegamos aos muíños grande e pequeno da Puntalta, sendo o muíño grande de coidada construción e tendo a particularidade de posuir unha cheminea de pedra que usábase para quentar aos muiñeiros nos días de frío.
Proseguimos entre ameneiros, fentos e carrizos escoitando o rumor das augas ata acadar o restaurado muíño de Portavezal que conta con todos os seus compoñentes e cun afiadeiro para os apeiros de labranza. Se tedes moita presa podedes descansar un pouco entre carballos na área de lecer que atopamos ao seguir para ver logo os muíños do Verdugo, o de abaixo e o de arriba.
A partir de aquí o camiño afástanos do río Umia e nos conduce a aldea de Vilar de Mato, ata o alto da Portela. Chegados a este punto o noso roteiro que é o PR-G 123, crúzase co PR-G 20 (Circular de Cuntis), polo que hai que prestar atención aos sinais para seguir a nosa ruta.
Baixamos agora por unha antiga vía romana que unía Arcos de Valdevez con Cuntis e entre carballos chegamos a fonte de Conles no centro de Vilar de Mato. Volvemos a meternos por unha corredoira para pasar novamente o rego de Armada por unha zona moi frondosa e subindo polo monte do Rañadoiro (máis cruzamentos co PR-G 20) chegaremos ao xacemento arqueolóxico dos petróglifos de Cequeril.
No Outeiro dos Campiños pódense ver doce combinacións circulares que en vez de ter coviña teñen unha cruz central. Os deseños no Outeiro de Galiñeiro son cuadrangulares e cruces. A Laxe dos Homes representa figuras antropomorfas con cabeza redonda cunha cruz nas caras.
Deixamos atrás Cequeril e coincidindo a partir de aquí co sendeiro de longo percorrido GR 94 Rural de Galicia, chegamos ao punto de remate e comezo desta andaina.

14-NOV-09 11:25:56
14-NOV-09 13:25:53
14-NOV-09 13:32:53
14-NOV-09 13:23:29
14-NOV-09 12:16:05
14-NOV-09 12:42:32
14-NOV-09 12:17:41
14-NOV-09 13:09:36
14-NOV-09 13:13:08
14-NOV-09 11:20:18
14-NOV-09 11:07:27
14-NOV-09 11:08:54
14-NOV-09 11:35:26
14-NOV-09 13:05:55
14-NOV-09 12:59:09
14-NOV-09 10:45:50
14-NOV-09 12:00:03
14-NOV-09 11:57:55
14-NOV-09 11:03:46
14-NOV-09 12:27:08
14-NOV-09 11:05:21
14-NOV-09 12:01:30
14-NOV-09 11:44:53

7 comentarios

  • bibimig 24-ago-2011

    Que tal esta señalizada? Crees que seria apta para niños?

    Gracias estoy deseando hacerla, tiene una pinta excelente!!

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 24-ago-2011

    Esta ruta homologada es de reciente creación y la señalización cuando ya la hice era la correcta.
    Pienso que podrías hacerla con niños porque el sendero no es largo ni complicado y la subida tampoco es mucha.
    Saludos de Suso.

  • bibimig 24-ago-2011

    Ok, gracias por contestar tan rapido, despues de la de este finde me toca esa. Estoy preparandolos para cosas mas grandes!!!

  • Foto de naalma78

    naalma78 26-sep-2011

    Unha rota moi bonita e doada de camiñar. Fermosa paraxe ao carón do Umia e magníficos petrogriflos.

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 26-sep-2011

    Alégrome que che gustara "naalma78"

  • c.b. 19-abr-2014

    Ben sinalizada (abril 2014), incluso os cruces coa PRG 20. a zona peor sinalizada a dos petrogrifos.

  • c.b. 19-abr-2014

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Ben sinalizada con marcas e paneis informativos. camiño facil para andar. a zona do río moi bonita.

Si quieres, puedes o esta ruta