-
-
615 m
282 m
0
6,1
12
24,31 km

Vista 167 veces, descargada 6 veces

preto de Ponte Caldelas, Galicia (España)

Realizamos esta ruta para ampliar un pouco máis o percorrido da ruta das almiñas e do foxo do lobo; para eso aprovéitanse as rutas do sendeiro azul, e das almiñas e máis os montes da Serra da Castrelada.
Saímos dende Pontecaldelas, río Verdugo arriba e decidimos facer a ruta no sentido das agullas do reloxo para poder utilizar as pozas do río Calvelle e Verdugo por a tarde e así evitar os calores do día.
Unha vez pasado Laxoso de Arriba a ruta trascorre durante un par de kilómetros por pistas forestais ata chegar ó famoso mirador da Castrelada dende o que se terá unha expléndida vista de toda a contorna. Antes de chegar á pista de terra que accede ó mirador tomamos un desvío ata unha captación de auga, das moitas que hai no lugar, onde nos agardaba un corzo confiado e non demasiado espantadizo.
.Despois de contemplar as vistas do mirador, collemos dirección ó lugar de Calvelle para completar o percorrido por as marxes do río Calvelle cos seus muíños e pozas. Baixamos ata a desembocadura do río Calvelle no Verdugo onde contemplamos as fervenzas e nos demos o baño. Moi perto visitamos o foxo do lobo e baixamos ata as poldras do Verdugo con dirección a Caritel.
Nada máis cruzar o río, baixamos por a marxe esquerda volvendo a atravesar o río por as poldras de máis abaixo (Hai unha poldra que se move bastante, concretamente a que está no medio do cauce e que carece de pedra de apoio) Continuamos por a marxe dereita ata a praia fluvial de Pontecaldelas; aínda que nós cruzamos o Verdugo por a presa, é recomendable continuar por a marxe dereita do río ata Pontecaldelas porque pode estar fechada a cancela de acceso á ponte.
Na alameda de Pontecaldelas a cafetería Aries ofreceunos un par de cervezas acompañadas de unhos pinchos de empanada.

A ruta está ben señalizada no tramo oficial, pero é conveniente levar o track para non saltarse algún que outro cruce nas pistas da Castrelada.
Waypoint

Praia fluvial

Waypoint

Cruceiro de pe das herbas

Waypoint

Igrexa de San Xoan

Waypoint

Cruceiro

Waypoint

Cruceiro

Waypoint

Cami??o sin sa??da. Captaci??n auga

Waypoint

Fonte

Waypoint

L??pida

Waypoint

Mirador da Castrelada

Waypoint

Cruceiro

Waypoint

Placa conmemorativa

Waypoint

Pontella

Waypoint

Pontella

Waypoint

Mui??os

Waypoint

Fervenza

Waypoint

Pozas do rio Calvelle

Waypoint

Foxo do lobo

Waypoint

Fonte

Waypoint

Sendeiro das almi??as

Waypoint

Ba??o

Waypoint

Presa

Waypoint

Fervenzas

Waypoint

Fervenza

Waypoint

Os pasos da Fraga

Waypoint

Peto das animas

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta