-
-
164 m
-27 m
0
5,6
11
22,26 km

Vista 1531 veces, descargada 19 veces

preto de Pontevedra, Galicia (España)

Facemos este percorrido polas sendas dos ríos Lérez e Almofrei. Iniciámolo e finalizámolo na ponte dos tirantes. Este primeiro tramo facémolo en paralelo o río Lérez pasando pola estación de bombeo hasta a presa de Bora, moi cerca de estrada N 451 que vai a Ourense, cruzámola é cambiamos de río, agora imos polo Almofrei por camiños e carreiros de pescadores e cazadores, que algún encontramos, ata as toldras para poder cruzalo, fixémolo con moito coidado, dado que o caudal é abundante sobrepasando uns centímetros as citadas pedras coa conseguinte molladura. A partir de aquí o traxecto é circular tendo que voltar a cruzar o río polo mesmo sitio e mollarnos outra vez. En esta parte do camiño podemos observar as fervenzas, incluído o muíño do mesmo nome, que en esta parte do ano vai con moito caudal e é unha delicia velo. Pasamos tamén polo muíño da Bouza restaurado, polo lugar de O Salgueiral e por Bora onde retomamos o mesmo camiño de volta. O tempo total que nos levou facelo foi de catro horas e cincuenta minutos, cunha lixeira parada para repoñer forzas.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta