-
-
229 m
124 m
0
1,3
2,6
5,1 km

Vista 2741 veces, descargada 16 veces

preto de São Gregório, Viana do Castelo (Portugal)

Sábado, 11 de outubro de 2014. Padrenda un lugar máxico.
Este municipio montañoso sitúase nunha zona de transición entre a montaña do sur de Ourense e os vales dos ríos Deva e Miño. As abas dos vales cóbrense dunha espesa vexetación de coníferas, frondosas, prados e bancais.
Visitamos a fermosa "Senda Peonil do Río Troncoso ou Barxas". O río Troncoso conta cunha lonxitude de 13,6 quilómetros As súas augas transcorren entre os municipios de Padrenda (Ourense) e Melgaço (Distrito de Viana do Castelo), unha zona pouco poboada e sen presións significativas sobre as augas. O estado de calidade ecolóxica e unha boa conservación das súas ribeiras e marxes, é a razón pola que está nos plans hidrolóxicos da conca española e portuguésa como futura Reserva Natural Fluvial Internacional.
Esta senda do Río Troncoso (tamén chamado Barxas) é de recente apertura, aínda pendente de rematar. Un percorrido bonito. Lugares de paso: Pontebarxas, Muiño do Montes, Muiños dos Caneiros, Pozavella e A Notaria.

Ver más external

1 comentario

  • Foto de Una ruta cada día

    Una ruta cada día 17-may-2015

    Hai unas semanas fomos facer esta ruta e o río (precioso) cheiraba realmente mal. É sempre así ou nos cuadrou un mal día? (Por certo, que non a pudemos facer de todo porque empezou a chover e tivemos que deixala para outro día)

Si quieres, puedes o esta ruta