Tempo  unha hora 5 minutos

Coordenadas 235

Fecha de subida 25 de abril de 2015

Fecha de realización abril 2015

-
-
597 m
104 m
0
0,7
1,4
2,82 km

Vista 2497 veces, descargada 16 veces

preto de Ramo, Viana do Castelo (Portugal)

Este percorrido polo río Troncoso ou Barxas transcorre pola súa beira dereita, partindo de Ponte Barxas, xa na fronteira con Portugal.

Ao comezo do sendeiro, lemos no cartel informativo:

"Trátase dun sendeiro de 2.1 Km e dificultade media, que une as localidades de Ponte Barxas e A Notaria, no municipio de Padrenda.
O río Troncoso é un afluente do río Miño pola súa marxe esquerda, que discorre polo extremo noroccidental da Zona de Especial Conservación Baixa Limia, formando fronteira natural entre o municipio de Padrenda (Ourense) e a Cámara Municipal de Melgaço (Portugal).
Este río goza dun excelente estado ambiental e unha boa conservación das súas ribeiras, razón pola cal foi proposto nos plans hidrolóxicos de conca español e portugués como Reserva Natural Fluvial Internacional.
Ademais de polo seu valor ecolóxico, a senda destaca tamén polo seu alto valor paisaxístico e etnográfico, contando con varios muíños hidráulicos en diferentes estados de conservación.
Os muíños presentes na ruta son muíños de canle e rodicio".

Ver más external

Punto de inicio do percorrido en Ponte Barxas.
Levada de agua para os muíños.
Muíño a beira do río Troncoso.
Muíño en Ponte Barxas.
Muíño no río Barxas ou Troncoso.
Muíño nas marxes do río Troncoso.
Conxunto de muíños no río Troncoso. Case todos en ruínas.
Lugar de Padrenda, preto de Ponte Barxas.
Pasarela de madeira.
Río Troncoso ou Barxas. É un afluente do Miño.

1 comentario

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 25-abr-2015

    É posible alongar un chisco máis o percorrido facendo o desvío ata os muíños do Monte (non figuran no track).

Si quieres, puedes o esta ruta