-
-
158 m
75 m
0
1,7
3,5
6,94 km

Vista 1835 veces, descargada 7 veces

preto de Mondoñedo, Galicia (España)

GAL: Esta ruta, promovida pola Asociación “Abrindo Camiño”, realiza un percorrido que combina espazos da cidade e do seu entorno próximo vinculados coa figura do médico, poeta republicano e masón, Manuel Leiras Pulpeiro. Trátase dunha ruta que transcorre por camiños peonís e por estrada -nos que se recomenda especial coidado- e que conta con paneis descritivos nalgúns dos puntos de interese propostos.
O itinerario transcorre en Mondoñedo por: Centro Cultural da Alcántara, Casas onde viviu Leiras Pulpeiro na rúa do seu nome, Casa da Xuventude (Antiga Sociedade de Obreiros), Casa natal (Rúa Febrero), Praza da Catedral, Seminario de Santa Catalina, rúa da Ponte, rúa do Camiño Norte e xa, tras atravesar o Barrio de San Lázaro continuando pola LU-160, accédese en 1,5 km a man esquerda por un sendeiro ata a Ponte dos Carabullos que nos leva á Área recreativa da Fervenza. Retomando o camiño o baixando polo acceso para coches, próximo á ponte, doutro lado da LU-160 no lugar “do Mazo” (A Recadieira), comeza un camiño que nos leva ata a Fonte de Augas sulfurosas. Na mesma zona atópase o Castro da Recadieira (Pena do Unto). Desde aquí realízase o regreso a Mondoñedo novamente atravesando o Barrio de San Lázaro, para rematar no Cemiterio Vello onde descansan os restos deste ilustre mindoniense.

CAST: Esta ruta, promovida por la Asociación “Abrindo Camiño”, realiza un recorrido que combina espacios de la ciudad y su entorno próximo, vinculados con la figura de médico y poeta republicando Manuel Leiras Pulpeiro. Se trata de una ruta que transcurre por caminos peatonales y por carretera -en los que se recomienda especial cuidado- y que cuenta con paneles descriptivos en algunos de los puntos de interés propuestos.
El itinerario transcurre en Mondoñedo por: Centro Cultural da Alcántara, Casas en las que vivió Leiras Pulpeiro en la calle de su nombre, Casa de la Jueventud, Casa natal (calle Febrero), Plaza de la Catedral, Seminario de Santa Catalina, calle dle Puente, calle del Camino Norte y ya, tras atravesar el Barrio de San Lázaro continuando por la LU-160 durante 1,5 km, se accede por un sendero a mano izquierza al Puente de los Carabullos que nos lleva hasta el Área recreativa de la Fervenza. Desde allí podemos retomar el mismo camino o bajar por el acceso de coche hasta acceder al lugar "do Mazo", al otro lado de la carretera LU-160 desde donde comienza un camino que nos lleva hasta la Fuente de Aguas sulfurosas. Próximo, se encuentra el Castro de la Recadieira (Pena do Unto). Desde aquí, se realiza el regreso a Mondoñedo atravesando nuevamente el Barrio de San Lázaro para acabar en el antiguo Cementerio donde descansan los restos de este ilustre mindoniense.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta