Coordenadas 954

Fecha de subida 10 de octubre de 2016

Fecha de realización octubre 2016

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
339 m
284 m
0
2,4
4,7
9,47 km

Vista 3321 veces, descargada 130 veces

preto de Ponte Caldelas, Galicia (España)

Din os paneis informativos deste roteiro:

"O concello de Ponte Caldelas é o primeiro de Galicia en ter unha Bandeira Azul nunha praia fluvial e un Sendeiro Azul que pon en valor o territorio fluvial que percorre o río Verdugo.

Os Sendeiros Azuis concebironse como recursos útiles para fomentar o uso e a xestión sostible do medio litoral ou fluvial e o seu ambiente, mediante a cooperación e retroalimentación entre o sector turístico e o ambiental. O obxectivo que se persegue con isto é a consolidación do distintivo de calidade "Sendeiro Azul" como un galardón que se recoñeza e valore na mesma medida que a Bandeira Azul para as praias.

O itinerario polo Sendeiro Azul é o seguinte:

1.- Balneario (inicio do sendeiro). O sendeiro comeza cun tramo urbano accesible para persoas con dificultade de mobilidade ou visuais que nos permite gozar dun agradable paseo pola marxe do río Verdugo, ata chegar á praia fluvial onde poderemos tomar un refrescante baño. (Este balneario desapareceu por mor de un incendio no ano 1910).

2.-Praia fluvial d´A Calzada. Partindo da praia camiñaremos por un bosque en galería formado por salgueiros, ameneiros, freixos, carballos, loureiros, fentos, etc. que flanquean o curso do río Verdugo (ou Verduxo).

3.- Desvío da volta do Cornello. Debido a imposibilidade de continuar pola marxe do río, ascenderemos por una pequena ladeira onde nos atoparemos cunha zona de matogueira típica galega (queirugas, xestas, carqueixas, carpazas, toxos, etc.) e outra de cultivo forestal de eucalipto.

4.- Corredoria da Sorreira. Trátase dun camino tradicional coñecido como "corredoira" que, neste caso, se enmarca entre muros de pedra cubertos de musgo a sombra dunha carballeira acompañada de interesantes fentos. Tras camiñar 300 metros chegaremos a unha bifurcación onde poderemos escoller entre desviarnos cara ao río ou continuar polo sentido natural do camiño.

5.- Pasos de Portasouto e da Larpea. Estos pasos axudarannos a cruzar o río e son unhas grandes pedras case somerxidas na canle do Verdugo (coincide neste punto coa Ruta das Almiñas).

6.- Pasos de Porta de Abaixo. Trátase dun treito parcialmente inundable. Nas beiras atoparemos un bosque en galería formado por carballos, ameneiros, freixos, pradairos, etc., que flanquean o curso fluvial."

De aquí retomamos o percorrido de regreso pola volta do Cornello que nos leva a praia d´A Calzada e deseguido ao punto de comezo.

Ver más external

Área recreativa ao carón da praia d´A Calzada.
Camiño baixando a volta da Sorreira.
Camiño laxeado preto de Portasouto.
Canle de auga no río Verduxo.
Ermida en ruínas as beiras do río Verduxo.
Bosque de carballos por debaixo do lugar de Fillaboa.
Bosque de carballos no lugar de Portasouto.
Punto de inicio do sendeiro no centro de Ponte Caldelas.
Camiño tradicional por debaixo do lugar de Fillaboa.
Antiga central hidroeléctrica.
Pasarela de madeira sobre o río Verduxo. No centro de Ponte Caldelas.
Poldras sobre o río Pequeno.
Poldras sobre o río Verduxo, no lugar de Portasouto.
Poldras sobre o río Verduxo.
Peto de ánimas ao carón dos pasos de Portasouto.
Ponte sobre o Verduxo, no centro de Ponte Caldelas.
Praia fluvial d´A Calzada. Conta con Bandeira Azul.
Presa no río Verduxo.
Nace no concello de Forcarei e desemboca en Pontesampaio.
Río que nace no concello de Forcarei e desemboca na ría de Vigo, en Pontesampaio.
Carreiro pola beira do río Verduxo.
Carreiro que nos afasta das beiras do río Verduxo.

5 comentarios

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 10-oct-2016

    O sendeiro conta con sinalización de frechas de cor azul. Pódese facer sen GPS.

  • Foto de Una ruta cada día

    Una ruta cada día 01-jul-2017

    Boas! Canto pode levar facer este sendeiro, máis ou menos? Grazas!

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 01-jul-2017

    Unhas tres horas indo tranquilamente.
    Saúdos.

  • Gersioiglesias 03-feb-2019

    O camiño o fixemos neste mes de febreiro. O río levaba moita agua e non pudimos cruzar polos pasos. O río estaba precioso, dunha cor verde botella. Os sendeiros tamén bonitos, e a vexetación, salvo un tramo co maldito eucalipto, formada por carballos e caducifolias. Realmente paga a pena facelo

  • Gersioiglesias 03-feb-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    O camiño o fixemos neste mes de febreiro. O río levaba moita agua e non pudimos cruzar polos pasos. O río estaba precioso, dunha cor verde botella. Os sendeiros tamén bonitos, e a vexetación, salvo un tramo co maldito eucalipto, formada por carballos e caducifolias. Realmente paga a pena facelo

Si quieres, puedes o esta ruta