• Foto de Sendeiro circular en Coles
  • Foto de Sendeiro circular en Coles
  • Foto de Sendeiro circular en Coles
  • Foto de Sendeiro circular en Coles
  • Foto de Sendeiro circular en Coles
  • Foto de Sendeiro circular en Coles

Coordenadas 460

Fecha de subida 3 de noviembre de 2009

Fecha de realización noviembre 2009

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
369 m
119 m
0
2,9
5,8
11,54 km

Vista 4023 veces, descargada 125 veces

preto de Coles, Galicia (España)

Este sendeiro está case todo sinalizado, agás o treito final que vai desde Belesar de Barra de Miño (non o do encoro) ata Meriz. Tendo un pouco de sentido da orientación pódese facer sen o track do GPS, aínda que aconsello seu uso para dito segmento.
Iniciamos o percorrido na aldea de Meriz, seguindo as marcas brancas e azuis de sendeiro local e as brancas e amarelas de sendeiro de curto percorrido, xa que aquí coinciden os dous. Logo de pasar a igrexa de Meriz e o cruceiro, metémonos por un camiño que nos leva a unha frondosa fraga as beiras do rego Lusín e con dous muíños restaurados.
Deixamos atrás unha gran pedra cabaleira e outros dous muíños a antes de acadar unhas casas, imos por unha corredoira a man esquerda. Camiñamos sobre un muro que fai as veces de sendeiro e pasando unha casa en Seoane, a uns cen metros, baixamos por unha congostra que nos mergulla nun tupido bosque.
Agora hai que ir moi atentos para ver un sinal que nos indica que baixemos a esquerda por un carreiro moi pouco definido e que nos mete no corazón da fraga (se continuásemos rectos polo camiño chegaríamos a Prado, con súa igrexa románica de San Xulián de Rivela).
Imos pola ribeira do rego Lusín, por unha fraga abraiante e acompañados do rumor das augas. Impresionante.
Nos espera a aldea de Outeiro e logo de pasala, baixamos a esquerda seguindo as marcas do sendeiro de longo percorrido que vai desde Ourense ata Os Peares, para poñernos no clube náutico de Rivela, no río Miño e cunha contorna de gran beleza. Saímos desta zona pola pista asfaltada da dereita e a uns cento cincuenta metros pola estrada, collemos a man dereita unha corredoira entre árbores. Pasamos por outra fermosa enseada do río Miño.
Seguindo os sinais, entre congostras, muros e arboredas, deixamos atrás Casanova e Levices para chegar a Belesar de Barra de Miño. Fermosísimo treito.
En Belesar abandonamos as marcas dos sendeiros (que nos levarían a Barra de Miño) e subimos a esquerda a estrada para chegar nuns douscentos metros ao núcleo de Cruceiros.
Ide atentos porque xa non hai sinais de sendeiro. Pasamos un bar e unha construción ameada; deixamos atrás o desvío a Barra de Miño e desde este cruce, a uns douscentos metros, a esquerda, subimos por un camiño que primeiro está asfaltado e logo é de terra. Seguimos de fronte e chegamos a Paradela e desde aquí a Meriz, noso punto de comezo e remate.


01-NOV-09 15:43:54
01-NOV-09 15:17:12
31-OCT-09 14:14:09
31-OCT-09 14:09:39
31-OCT-09 12:36:16
01-NOV-09 15:05:45
01-NOV-09 16:01:34
01-NOV-09 15:49:24
01-NOV-09 16:58:48
31-OCT-09 12:33:58
01-NOV-09 15:26:37
31-OCT-09 12:45:38
31-OCT-09 12:48:27
31-OCT-09 12:53:23
31-OCT-09 12:54:27
31-OCT-09 12:55:48
31-OCT-09 15:06:42
31-OCT-09 15:02:37
01-NOV-09 16:57:50
31-OCT-09 13:07:38
31-OCT-09 12:49:54
31-OCT-09 15:07:47
01-NOV-09 14:46:33
31-OCT-09 12:51:17
31-OCT-09 13:00:32

7 comentarios

  • Foto de randoneur

    randoneur 21-abr-2010

    Fermosas fotos https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/sendeiro-circular-en-coles-603719/photo-170112

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 21-abr-2010

    Esta ruta préstase moi ben para facer bonitas fotos de fragas e carballeiras, que non faltan ao longo do percorrido. E logo un descanso na área de lecer ao carón do Miño na fermosa contorna de Rivela.
    Un saúdo.
    https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/sendeiro-circular-en-coles-603719/photo-170112

  • Foto de randoneur

    randoneur 22-abr-2010

    Graciñas polas indicacions. Saúdos https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/sendeiro-circular-en-coles-603719/photo-170112

  • Foto de Ne.no

    Ne.no 12-oct-2016

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Fácil ruta por tierras de Coles. Es la mitad del recorrido que propone el concello pero para iniciados está muy bien. Gracias por compartirla jesussimon

  • Foto de LOBOSOLITARIO55

    LOBOSOLITARIO55 20-nov-2017

    onte fun facer aljo de ese recorrido, e resulta que a auga do rio (Lusin), cheiraba a podrido da chea de xabon ou deterxente que botan por il, unha pena....tú..
    bos kamiños, meu..

  • pepe de viana 11-may-2019

    Bonita ruta, y más en temporada de cerezas. Muy recomendable

  • pepe de viana 12-may-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Bonita ruta, y más en temporada de cerezas. Muy recomendable

Si quieres, puedes o esta ruta