Tempo  unha hora 39 minutos

Coordenadas 787

Fecha de subida 1 de marzo de 2013

Fecha de realización marzo 2013

-
-
88 m
-20 m
0
1,0
2,0
3,99 km

Vista 2919 veces, descargada 70 veces

preto de Bueu, Galicia (España)

Este sendeiro trascorre polo Cabo Udra na súa totalidade. Comeza no propio aparcadoiro -waypoint de inicio e fin sendeiro- e rodea o cabo pasando pola praia de Mouriscas, a praia Pedrón, o observatorio de interpretación, así como o monte do Castro (opcional).

Desde o monte do Castro pódese observar perfectamente gran parte da ría de Pontevedra así como algunha illa do Parque Nacional das Illas Atlánticas (Ons e Onza con facilidade).

A ruta non é difícil de seguir se se segue o track, pero se non se leva o gps probablemente farase unha ruta parecida pero non igual, xa que hai multitude de camiños que se entrecortan e hai varios sendeiros diferentes que se solapan, polo que é fácil desviarse deste sendeiro concreto realizado. En calquera caso, é díficil perderse.

É un lugar idóneo para gozar da natureza en todo o seu esplendor, así como da tranquilidade dun lugar afastado da cidade, coa vista do mar sempre ao fondo.
A pesar de que hay unha sinalización de que non é por aí, este foi o camiño seguido neste sendeiro.
Á esquerda para subir ao monte do Castro, á dereita se se quere continuar o sendeiro.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta