Iniciamos esta ruta no aparcadoiro da Avenida do Parque. Tras cruzar a estrada principal, entramos no
Parque Municipal As Pedrosas. Atravesámolo, e a continuación iniciamos o percorrido que nos levará primeiro ao
Santuario da Nosa Señora da Saleta, sito no lugar de Siador, atopándonos nada máis entrar, coa escultura da imaxe da Virxe e ao lado o edificio dos Misioneros do mesmo nome e tamén coa correspondente área de lecer, con carballeira incluída.
Agora toca un pouco de subida polo monte totalmente queimado, con algún que outro prado moi verde nesta época de chuvias.
A continuación visitamos a
Casa Grande de Fuentemaior, hoxe destinada a casa rural, no lugar de O Barral.
Pasamos por Camporrapado para percorrer un bonito sendeiro pola beira do río Deza que nos vai levar directamente a
Ponte Taboada Vella(
Ponte Taboada Nova)onde podemos observalas e cruzalas, separando os concellos de Lalín e Silleda.
Nada máis cruzalas nos atopamos coa estación de Adif de Ponte Taboada, coas súas correspondentes vivendas daquela época, hoxe en día bastante en ruínas salvo dúas ou tres habitadas.
Agora toca asfalto ata o
Rte. Parrillada Ponte Taboada, onde repoñemos forzas para pola tarde continuar coa ruta.
Continuamos un bo traxecto por asfalto ata coincidir co Camiño de Santiago que nos levará por unhas marabillosas carballeiras para noso deleite, ata o final do percorrido, sen deixar de mirar o circundado do
Pazo de Trasfontao, co
Albergue Turístico Trasfontao incluído, moi preto xa de onde aparcamos pola mañá.
Temos que dicir que atopamos máis asfalto do que desexaríamos, incluso polo medio dos prados, pola parcelaria. Aínda así, a miña opinión é que mereceu a pena facela.
Tempo en movemento: 5 horas 9 minutos con unha media de 3,8 quilómetros hora.
Comentarios