Tempo  6 horas 42 minutos

Coordenadas 3543

Fecha de subida 30 de enero de 2019

Fecha de realización noviembre 2018

-
-
503 m
143 m
0
4,7
9,5
18,94 km

Vista 213 veces, descargada 11 veces

preto de Achas, Galicia (España)

Esta ruta transcorre pola parroquia de Parada de Achas, no Concello da Cañiza, con treitos realmente espectaculares e recantos de enorme fermosura. Malia ter algún tramo de enlace algo insípido, paga realmente a pena descubrir os agasallos para os sentidos que se agachan aquí. Foi preparado pola Asociación de Veciños e a Comunidade de Montes de Parada.

Deixamos o coche ao lado dun bar na praia fluvial da Ponte e seguimos as indicacións, abundantes en case todo o percorrido, aínda que é recomendable ter de man o gps para non despistarse nalgún desvío. A ruta é circular agás no primeiro quilómetro e medio, camiño que percorremos tanto á ida como á volta. Ao chegarmos a ese punto no km 1,5, no lugar das Caldas, temos que escoller en que sentido realizar a ruta: nós optamos por tirar á nosa dereita, en sentido descendente, directamente cara ao río Calvo até achegarnos a unhas poldras polas que non hai que cruzar (nin se podería co caudal que levaba o río cando fixemos a ruta). Mantémonos na beira dereita do río (no sentido da corrente) e pasamos onda o pontillón de madeira de Vilamide e o muíño de Entre as Viñas. Pouco máis adiante a levada de San Paio ou Sampaio (co seu muíño) e a levada de Pintelos vannos achegando a unha zona na que o río forma fermosos rápidos que logo de pequenos saltos rematan na fervenza do Deva, onde o as augas do río volven acougar. Levamos camiñado tres quilómetros e xa damos por xustificada a visita, sen saber todo o que nos espera. Un vídeo deste recanto gravado por nós este mesmo día tédelo en https://www.youtube.com/watch?v=dyUgsIbfNM8.

A seguir adentrámonos na fraga do Deva da que saímos á altura do restaurante Cruceiro da Balsada, enlazando co Camiño Real. Atravesamos o lugar do Feirón, onde pasamos a carón do Pazo do conde de Cervellón (km 5,2) para logo atravesar o barrio da Igrexa. Entre estes dous lugares está indicada a primeira das variantes desta ruta, a derivación aos cotos, que non tomamos. Este é un tramo de pouco máis dun quilómetro pouco vistoso, mais axiña tomamos o camiño dos Defuntos que nos leva á fraga do río Calvo, auténtica marabilla natural da que gozamos durante practicamente dous fermosísimos quilómetros. O senlleiro castiñeiro da portada do tríptico da ruta fica fitándonos neste treito. A vexetación, as árbores, as pedras vestidas de verdes intensos, a auga chamando por nós para que nos desviemos un chisco do camiño e nos asomemos a contemplala nos diversos saltos que ten que ir dando para avanzar... Por certo, polo devandito camiño dos Defuntos baixaban aínda a comezos do século XX os cadaleitos dende os lugares de Formigueiro, Vilariño e Folgoso até Parada de Achas, tal como nos informa un panel na ruta máis adiante.

Déixovos a ligazón a un breve vídeo dun recanto do río Calvo: https://www.youtube.com/watch?v=y3DlegN49-Y.

A uns 9 km do inicio saímos da fraga onda a segunda derivación, no lugar do Formigueiro: a variante do coto da Vella, que nos leva a lugares máis elevados do Paradanta (o coto da Vella é un espectacular miradoiro, principalmente cara ao sur, sobre o Paradanta e o val do Miño, a máis de 900 m de altitude). Nós continuamos agora en paralelo ao camiño polo que percorremos a fraga, pero a máis altura e por unha pista que vai cruzando regos como o de Porto de Bois (pouco máis adiante deste rego reaparece o camiño dos Defuntos como posible punto de retorno) ou o de Porta Cedeira, punto de confluencia do camiño da Raíña, denominado deste xeito por telo utilizado dona Urraca para ir ao castelo do Sobroso (antigamente “Soberoso” pola abundancia de sobreiras) ou mesmo ao castelo de Salvaterra de Miño. Este camiño entraba en Galiza dende Castela e pasaba, por exemplo, polos mosteiros de Oseira, Melón e A Franqueira.

Continúa o camiño cara ao muíño do Arendo (km 12,5) onde collemos a desviación cara á ermida da Pena de Francia, lugar de romaría cun fermoso castiñeiro centenario e boa zona de merendeiro (onde aproveitamos para tomar o noso bocata). O desvío até a ermida é duns 800 metros (ida e volta incluídas). Pouco máis adiante atopamos o pequeno río Oulo e atravesamos un fermoso sobreiral polo que nos achegamos novamente ao río Deva.

Ao pasar a pequena central hidroeléctrica de Cabo (km 15,6) hai unha ponte que nos levaría directamente ao lugar da Ibia, pero preferimos descubrir (e que ben fixemos sen o saber) o fermoso recanto que nos regala o Deva seguindo o río xusto antes de chegar ao muíño da Ibia. Seica debería haber unhas poldras para cruzar o río: ou non as vimos ou estaban cubertas pola auga, pero cun chisco de paciencia sempre se atopa unha zona de paso (a non ser que o caudal sexa moito, pero cando pasamos non era pequeno). No peor dos casos soamente habería que recuar uns trescentos metros, así que ben paga a pena asomarse.

A partir de aquí atravesamos o lugar da Ibia, cruzamos outra ponte sobre o Deva e chegamos de volta ao lugar das Caldas, dende onde regresamos ao punto de partida.

Tríptico informativo: http://www.caniza.org/recursos/archivos/Folleto%20Sendero.pdf.

Páxina de Facebook: https://www.facebook.com/As-Fragas-e-Levadas-do-Calvo-e-Deva-547419678606459/.
Waypoint

As Caldas

As Caldas
Río

Poldras. Río Deva

Poldras ou pasos no río Deva
Ponte

Pontillón de Vilamide

Pontillón de Vilamide. Río Calvo
Waypoint

Muiño de entre as viñas

Waypoint

Levada de Sampaio

Levada de Sampaio
Waypoint

Muíño de Sampaio

Muíño de Sampaio
Waypoint

Levada de Pintelos

Río

Rápidos no río Deva

Rápidos no río Deva
Fervenza

Fervenza do Deva

Fervenza do Deva
árbol

Fraga do Deva

Fraga do Deva
Waypoint

Camiño Real

Camiño Real
Waypoint

O Feirón. Pazo do conde de Cervellón

O Feirón. Pazo do conde de Cervellón
Intersección

Derivación variante dos Cotos

Derivación variante dos Cotos
Waypoint

A Igrexa

Waypoint

Camiño dos Defuntos

árbol

Fraga do río Calvo

Fraga do río Calvo
Información

Panel informativo

Panel informativo. Fraga Río Calvo
árbol

Fraga do río Calvo

Fraga río Calvo
Waypoint

Levada Nova

Levada Nova
Río

Saltos no río Calvo

Saltos no río Calvo
Waypoint

Camiño da Fenteira

Ponte

Muiño do Pousadoiro. Ponte

Muiño do Pousadoiro. Ponte
Intersección

Desvío variante coto da Vella

Desvío variante coto da Vella
Río

Regueiro do Porto de Bois

Regueiro do Porto de Bois
Intersección

Desvío camiño dos Defuntos

Desvío camiño dos Defuntos
Información

Panel camiño da Raíña. Rego de Portacedeira

Panel camiño da Raíña. Rego de Portacedeira
Waypoint

Muiño do Arendo

Muiño do Arendo
Picnic

Ermida Pena de Francia

Ermida Pena de Francia
Río

Río Oulo

Río Oulo
árbol

Sobreiral

Sobreiral
Río

Río Deva

Río Deva
Río

Central hidroléctrica do Cabo

Central hidroléctrica do Cabo
Río

Muíño. Río Deva

Muíño. Río Deva
Waypoint

Muíño da Ibia

Muíño da Ibia
Waypoint

A Ibia

Ponte

Ponte río Deva

Ponte río Deva
Waypoint

A Ponte

A Ponte

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta