Tempo  un minuto

Coordenadas 1322

Fecha de subida 9 de noviembre de 2017

Fecha de realización noviembre 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
600 m
447 m
0
3,6
7,3
14,56 km

Vista 681 veces, descargada 37 veces

preto de Junquera de Ambía, Galicia (España)

Un pelamio é unha pía onde se somerxen as peles en auga e cal para macerar e retirar a pel, é a edificación e o conxunto de tanques para curtir coiros ou peles. O topónimo pelamio aparece en zonas próximas a regueiros ou ríos cuxas condicións favorecían a actividade de curtido, de aquí o nome deste roteiro que pasa por algunha das antigas instalación que hai nas beiras do río Arnoia.

O percorrido comeza no centro de Xunqueira de Ambía, a carón do antigo mosteiro fundado no ano 955, que foi colexiata de Santa María e conta cunha igrexa románica do século XII que é Monumento Nacional desde 1931.

A altura da capela de San Pedro o camiño, entre carballos, baixa procurando o río Arnoia, para pasar polas ruínas de dous antigos pelamios e unha fonte termal. O Arnoia desde o seu nacedoiro en Vilar de Barrio e a súa desembocadura no Miño, logo de 84,5 quilómetros, é o máis longo da provincia de Ourense e na zona dos pelamios poderemos contemplar unha gran pontella de pedra, son os Pasados do Veiro.

Por unha corredoira subimos a aldea de San Xillao arrodeada de ciclópeos bolos graníticos e que ten unha ermida. Por congostras, baixo bosques de carballos, o sendeiro lévanos ata A Pousa, lugar de paso do camiño xacobeo da Vía da Prata e concapela de advocación a Virxe do Camiño.

Pasando por Vilanova e Vilariño do Río, o vieiro tira de de novo hacia o río Arnoia, que pasaremos pola Ponte das Poldras no Ecoespazo de O Rexo e aquí poderemos ver esculturas e pinturas do artista vasco Agustín Ibarrola.

Xa só nos queda o último treito para volver a Xunqueira de Ambía, que nunha pequeña parte vén cadrando co traxecto da ida.

Ver más external

Lugar do concello de Xunqueira de Ambía. Pasa por aquí o Camiño de Santiago.
Bolos graníticos na aldea de San Xillao.
Vieiro en Xunqueira de Ambía.
Camiño entre O Rexo e Xunqueira de Ambía.
Ermida de San Pedro no centro urbano de Xunqueira de Ambía.
Ermida na aldea de San Xillao, Xunqueira de Ambía.
Ermida no Camiño de Santiago ao seu paso por A Pousa.
Punto de inicio do roteiro no centro de Xunqueira de Ambía.
Corredoira que leva ao río Arnoia desde Xunqueira de Ambía.
Congostra que leva ao río Arnoia desde a aldea de San Xillao.
Congostra entre San Xillao e A Pousa.
Congostra que leva ao río Arnoia desde Vilariño do Río.
Congostra entra Vilanova e Vilariño do Río.
Fonte termal con cuberta nas beiras do río Arnoia.
Bosque mixto preto do río Arnoia, en Xunqueira de Ambía.
Colexiata de Santa María con igrexa románica. Monumento Nacional desde o ano 1931.
Ecoespazo O Rexo, con pinturas de Agustín Ibarrola.
Pontella sobre o río Arnoia en Xunqueira de Ambía.
Fábrica de curtidos no río Arnoia.
Fábrica de curtidos no río Arnoia.
Bolos graníticos ciclópeos na aldea de San Xillao.
Pontella sobre o río Arnoia no lugar de O Rexo.
Presa no río Arnoia.
Afluente do río Miño pola súa beira esquerda. Ten o seu nacedoiro en Vilar de Barrio.
Lugar do concello de Xunqueira de Ambía.
Lugar de Xunqueira de Ambía.
Lugar no concello de Xunqueira de Ambía.
Concello ourensano nas Terras de Allariz.

2 comentarios

  • josepuganovoa 18-nov-2017

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Ruta bonita,facil de seguir ,solamente un pequeño problema por obras paralelo a via de tren,que se perdio las marcas,esperemos q las repongan

  • Foto de Anifarex

    Anifarex 18-feb-2019

    Una ruta preciosa y muy fácil de seguir y hacer.
    Solo un pequeño lío con las marcas donde estan las obras del ave (se sigue parelelo un ratillo y luego se toma un estrecho camino que hay a la dch) por lo demás, fantástica y digna de hacer en primavera, volveremos sin duda.

Si quieres, puedes o esta ruta