• Foto de Sendeiro do río da Chanca ata Armenteira (Meaño,  Meis)
  • Foto de Sendeiro do río da Chanca ata Armenteira (Meaño,  Meis)
  • Foto de Sendeiro do río da Chanca ata Armenteira (Meaño,  Meis)
  • Foto de Sendeiro do río da Chanca ata Armenteira (Meaño,  Meis)
  • Foto de Sendeiro do río da Chanca ata Armenteira (Meaño,  Meis)
  • Foto de Sendeiro do río da Chanca ata Armenteira (Meaño,  Meis)

Coordenadas 171

Fecha de subida 21 de octubre de 2010

Fecha de realización octubre 2010

-
-
480 m
60 m
0
3,3
6,7
13,31 km

Vista 6104 veces, descargada 80 veces

preto de Lores, Galicia (España)

Este percorrido segue o curso do río da Chanca, desde a ponte de Lores (Meaño) ata o seu nacedeiro, punto no que remata o ruta de sendeirismo sinalizada; pero nos proseguiremos para acadar o mosteiro de Armenteira (Meis). Os que non usedes GPS non teredes ningún problema para facer o sendeiro do río xa que trátase de ir sempre a súa beira.
Comezamos na ponte de Lores, onde hai un aparcadoiro e vemos o muíño da Ponte, o da Igrexa e o de Daniel o Ferreiro, que conta cunha taberna nunha zona moi fermosa e con posibilidade de baño. Os muíños ao longo do río serán 23, con distinto grado de conservación. Seguen o muíño do Crego e o de Malatos e entre bosque de ribeira e leiras atopámonos con outros dous muíños e logo co de Senra.
Máis muíños entre viñedos e hortas e chegamos a ponte de Axis, onde remataba antigamente esta ruta e que agora continúa pasando por unha casa rural, o cemiterio e, logo de cruzar a estrada, mergullámonos nun frondoso bosque de galería con castiñeiros, ameneiros e salgueiros.
O rego a cada paso que damos vaise minguando e chegamos ao seu nacedeiro. Uns metros máis adiante, ao chegar a estrada de Valboa, remata a ruta oficial (pola estrada o mosteiro de Armenteira queda a uns dous quilómetros).
Facemos agora uso do noso GPS e imos por pistas e camiños entre piñeiros para acadar a aba do monte que da sobre a ría de Pontevedra. As vistas son abraiantes, temos a ría aos nosos pés e vemos montes e terras de Pontevedra, a capital, Poio, Marín, a illa de Tambo e ao lonxe os montes da ría de Vigo.
Espéranos para un descansiño a área de lecer de O Castro, por riba de Poio e que ten mesas entre pinos, carballos e castiñeiros e fontes para nos refrescar.
Toca pasar a outra ladeira do monte, pasando preto do campo de golf e logo da cumieira baixamos cara a aldea de Caponiñas e rematamos no mosteiro de Armenteira, en Meis.


12-OCT-10 16:31:22
Camino
12-OCT-10 18:15:26
10-OCT-10 16:45:16
10-OCT-10 17:32:06
10-OCT-10 17:34:04
10-OCT-10 16:45:49
10-OCT-10 16:53:20
10-OCT-10 16:54:05
10-OCT-10 16:55:36
10-OCT-10 16:59:43
10-OCT-10 17:04:53
10-OCT-10 17:07:43
10-OCT-10 17:13:46
10-OCT-10 16:23:19
10-OCT-10 16:20:04
10-OCT-10 16:49:31
10-OCT-10 16:25:44
10-OCT-10 16:30:37
10-OCT-10 16:42:13
10-OCT-10 16:35:49
10-OCT-10 18:11:02
Camino
Ep-9205

3 comentarios

  • Foto de edoarado

    edoarado 22-oct-2010

    Tiene buena pinta. Me la anoto. Lástima que no sea circular, aunque todo será cosa de buscar cómo volver a O Busto y reenganchar.

    Un saludo

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 22-oct-2010

    Ola, "edoarado". O sendeiro a min gustoume moito, é moi semellante a Ruta da Pedra e da Auga que vai dende Ribadumia ata Armenteira. Se non queres andar moito podes facer só o percorrido oficial polo río da Chanca e neste caso entre ida e volta serán uns 11 quilómetros.
    Saúdos.

  • Foto de edoarado

    edoarado 22-oct-2010

    Es una buena alternativa, porque aunque las vistas desde O Castro ciertamente merecen la pena la verdad es que ya he ido un par de veces ... quizá sea mejor librarse de la subida esa, aunque visto el gráfico de desnivel parece que la cuesta está antes, subiendo a O Busto.

    Saludos

    Edu

Si quieres, puedes o esta ruta