Tempo  4 horas 22 minutos

Coordenadas 1008

Fecha de subida 14 de agosto de 2018

Fecha de realización agosto 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
323 m
78 m
0
2,9
5,8
11,54 km

Vista 768 veces, descargada 50 veces

preto de Fragas, Galicia (España)

O roteiro do río Maneses xa existía desde fai bastantes anos, caíu no abandono e non era moi recomendable andar por él. Agora toma un novo pulo ao ser acondicionado, sinalizado e homologado coma Sendeiro do Río Maneses, PR-G 230, transcorrendo por unha contorna dunha beleza excepcional na metade que vai polas orelas deste tributario do Lérez. É aconsellable facer o traxecto empezando a contracorrente do Maneses, no sentido horario.

Informa o cartel que hai ao comezo da ruta na área de lecer de Lodeiro:

Nesta ruta circular de 8,6 Km (nós andaremos un chisco máis porque visitaremos a Área Arqueolóxica) percorreremos un treito dos vales dos ríos Lérez e Maneses e os arredores do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Se iniciamos a ruta no refuxio de pesca de O Lodeiro, remontaremos o río Maneses en dirección norte e cruzarémolo en varias ocasións por diferentes pontellas e pontes. Por toda a beira do río atoparemos moitos muíños, varios restaurados e un deles incluso con toda a maquinaria da moenda. Esta gran cantidade de construcións permítenos imaxinar a importancia que tiña o río noutros tempos para a poboación dos arredores. Así mesmo, poderemos observar unha rica vexetación de ribeira, con salgueiros, amieiros, carballos, loureiros, ruscos e fentos reais.

Posteriormente pasaremos por diante da desembocadura do rego das Teixoeiras, abandonaremos o río Maneses un pouco máis adiante e comezaremos a ascender pola ladeira do monte de Paradela. Aquí a ruta toma dirección sur e comparte un tramo do seu trazado co GR-94, ata chegar ao Parque Arqueolóxico (que visitamos).

Ver más external

Bosque de amieiros na ribeira do río Maneses.
Área arqueolóxica de arte rupestre no concello de Campo Lameiro.
Área recreativa dentro do centro de interpretación de Campo Lameiro.
Área de lecer na desembocadura do río Maneses no Lérez.
Camiño entre Praderrei e a Área Arqueolóxica.
Sendeiro polas beiras do río Maneses.
Sendeiro pola ribeira do río Maneses.
Sendeiro de pescadores pola beira do río Lérez.
Enterramento individual da Idade do Bronce.
Punto de inicio do sendeiro, na área de lecer de Lodeiro.
Congostra por debaixo da Área Arqueolóxica.
Congostra entre Praderrei e a Área Rupestre.
Fonte no lugar de O Fondo.
Zona con gravados rupestres.
Zona dentro da área rupestre.
Pedra con gravados rupestres.
Zona de gravados rupestres.
Laxe grande con moitos gravados rupestres.
Muíño hidráulico na ribeira do Maneses.
Muíño na marxe do río Maneses.
Muíño en ruínas no río Maneses.
Muíño hidraúlico no río Maneses.
Muíño vivenda nas orelas do río Maneses.
Muíño no río Maneses.
Muíño na ribeira do río Maneses.
Muíño hidráulico nas beiras do río Maneses.
Muíño a beira do río Maneses.
Muíño na ribeira dereita do río Lérez.
Muíño en ruínas as beiras do río Lérez.
Muíños na ourela do río Maneses.
Muíños nas marxes do río Maneses.
Muíños no río Maneses.
Lugar preto da Área de Arte Rupestre.
Outeiro onde hai gravados rupestres.
Zona de gravados rupestres en Campo Lameiro.
Laxes con gravados rupestres en Campo Lameiro.
Laxes con gravados rupestres.
Paso de madeira sobre o río Maneses.
Bosque de piñeiros preto da Área Arqueolóxica de Campo Lameiro.
Recreación dun poboado prehistórico dentro da Área de Arte Rupestre de Campo Lameiro.
Paso sobre o río Maneses.
Pontón de pedra sobre o río Maneses.
Pontón de pedra sobre o río Maneses.
Refuxio de pescadores na área de lecer de Lodeiro.
Muíño da provincia de Pontevedra. Nace na ría de Pontevedra e desemboca na ría de Pontevedra.
Afluente do Lérez pola súa dereita.

3 comentarios

  • Foto de catopinos

    catopinos 26-ago-2018

    Entorno espectacular.... durante 4 o 5 km no se ve el sol....un bosque esplendido guiado por el rio Meneses...siempre con sombra,cosa que se agradece mucho para corre...el resto del camino tambien me gustó mucho....
    Si no se quiere correr,se puede hacer perfectamente caminando, solo o en familia, mochila,bocatas y agua .... A disfrutar de un maravilloso paisaje....

  • Foto de catopinos

    catopinos 26-ago-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Entorno espectacular.... durante 4 o 5 km no se ve el sol....un bosque esplendido guiado por el rio Meneses...siempre con sombra,cosa que se agradece mucho para corre...el resto del camino tambien me gustó mucho....
    Si no se quiere correr,se puede hacer perfectamente caminando, solo o en familia, mochila,bocatas y agua .... A disfrutar de un maravilloso paisaje....

  • Foto de manumkds

    manumkds 09-sep-2018

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Ruta fácil y muy hermosa, con encanto paisajísticoy cultural, merece mucho la pena. En algún punto si que hay que andar fijándose mucho porque no se ven las señales, en general muy bien.Gracias

Si quieres, puedes o esta ruta