Vista 13969 veces, descargada 196 veces
preto de Asados, Galicia (España)
Fermoso percorrido que transcorre polo curso medio do río Té, consistente nun doado paseo polas súas dúas marxes. Pódese facer sen precisar de GPS, xa que o fío condutor é sempre a corrente de auga.
Damos comezo na pequena área de lecer que hai na Laxe, a onde podemos chegar dende a redonda que atopamos ao saír para Rianxo dende a vía rápida, cando vimos de Padrón. Aquí metémosnos polo vial de acceso que vai ao polígono industrial e que nos achega ata o inicio do recorrido, onde hai un panel explicativo do roteiro.
Serán uns sete quilómetros entre ida e volta, ao abeiro dunha frondosa arboreda de ribeira que case sempre conforma un auténtico bosque de galería e no que nos atoparemos con amieiros, salgueiros, freixos, e tamén con loureiros, castiñeiros e moitísimos carballos.
As limpas augas van repousadas facendo de espello da súa contorna e atoparémonos con algunha represa que vai proporcionar augas as canles que alimentan os muíños.
Rematamos onde comezamos, na área de lecer da Laxe.
Ver más 
Pista y Carretera sin pavimentar
naalma78 26 may 2011
Aínda que ten algúns sitios moi bonitos nalgúns tramos a arboreda é en verdade "frondosa frondosa frondosa". Mágoa de algúns concellos invistan os cartos do veciños en facer unha rota e logo se esquezan de mantela e de tela coidada e de que os sendeiros sexan transitables.
jesussimon 26 may 2011
Estou de acordo contigo. Unha cousa é inaugurar, que queda moi ben na prensa, e outra é a laboura silenciosa do mantemento que pasa desapercibida.
Ocorre esto con moitos dos sendeiros que foron homologados e logo caen na desidia máis absoluta.
Este, por agora, aínda é transitable; pero con síntomas preocupantes.
CHM 26 feb 2012
Pues a 26-2-2012 sigue transitable pero deteriorándose y necesitado de mantenimiento.
Gracias por compartirlo
jesussimon 26 feb 2012
Imos ser óptimistas, seguro que non deixarán que se peche. Saúdos CHM.
jesussimon 21 jun 2015
Este percorrido foi alongado e segue río enriba durante algúns quilómetros máis. Non está no arquivo para GPS mais non hai problema de perderse, trátase de ir pola beira do Té.
A 21/06/15 está moi limpo todo o sendeiro.
lielani 13 jun 2017
He realizado esta ruta Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Algún punto confuso
Ruskinha 2 sept 2017
Una ruta muy bonita, aunque ahora es más larga que la que aparece aquí recogida (cerca de 10 km, en total). Fácil de seguir, llana, fresquita y con todo el sendero limpio y despejado. Muy buena para ir con perros, se pueden refrescar todo el rato. También hay puntos donde nos podemos bañar los humanos :)
Cristina T. 25 mar 2019
He realizado esta ruta Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
La ruta fue preciosa, el entorno maravilloso. El río muy bonito, tanto su aspecto como su sonido. La ruta la realicé de forma muy amena, muy sencilla, plana y terreno firme.
Está bien señalizada durante el trayecto, y actualmente está la opción de alargarla unos kilómetros más, pero en cualquier momento puedes dar la vuelta por los puentes. Lo que creo que no está bien señalizada es la entrada a la ruta, debería estar mejor señalizada. Por lo demás, precioso. Lo recomiendo.
Ana Belen Davila 19 oct 2020
He realizado esta ruta verificado Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Ruta fácil de seguir, bien indicada y bastante llana