• Foto de Sendeiro do río Tea (Mondariz)
  • Foto de Sendeiro do río Tea (Mondariz)
  • Foto de Sendeiro do río Tea (Mondariz)
  • Foto de Sendeiro do río Tea (Mondariz)
  • Foto de Sendeiro do río Tea (Mondariz)
  • Foto de Sendeiro do río Tea (Mondariz)

Coordenadas 470

Fecha de subida 12 de julio de 2009

Fecha de realización julio 2009

-
-
83 m
51 m
0
2,3
4,7
9,36 km

Vista 4896 veces, descargada 91 veces

preto de Lougares, Galicia (España)

Este sendeiro polas marxes do río Tea, incluido nos lugares protexidos na Rede Natura 2000, percorre o treito que vai desde a desembocadura do seu afluente o rio Refusio ou río de Coveliño (na estrema de Mondariz co concello de Covelo, preto de Barciademera) ata a praia fluvial de Mondariz Balneario.
Será unha doada e fermosa camiñata case sempre baixo unha arboreda de bosque de galería con amieiros, salgueiros, abeleiras, bidueiros e carballos e a carón dunhas augas cristalinas.
O sendeiro segue sempre o curso do río con algún cambio de marxe: comezamos andando pola beira esquerda do río Refusio e a uns oitenta metros, logo de pasar dous muiños en ruínas, xa nos atopamos co Tea. Atravesamos un bosque de abeleiras e vadeamos o río Lougariño e ao chegar aos antigas poldras ou pasos de Tatín, pasamos ao lado dereito do río.
O río serpentea en algún meandro e forma pequenas praias e logo do rego Furafolla, deixamos atrás un canaval para chegarmos ata a ponte de Cernadela, con seus cinco arcos oxivais e que é de orixe romana e reformada nos séculos XV, XVII e XVIII. A seu carón hai unha boa praia, un área de lecer e un muiño.
Continuamos pola marxe dereita; pasamos a ponte da carretera PO-252 e nos poñemos noutra agradable área de lecer: a de Riofrio ou do Val, preto de Mondariz.
Sequimos ata chegarmos ao pontillón de A Poeira, que cruzamos e pola beira esquerda avanzamos ata a pasarela metálica de As Amolares, que ponnos outra vez na ribeira dereita e que non abandonamos ata o noso remate na praia fluvial de Mondariz Balneario.
Podedes facer o percorrido sen necesidade do track do GPS, tendo coidado de facer os cambios de beira onde os sinalei e tendo en conta que a ruta ten treitos en común co sendeiro Ríos e Montes de Mondariz. Trátase de seguir sempre marxes do río Tea.
Waypoint

A PASOS TATIN

07-JUN-09 10:55:00
Waypoint

ACCESO 1

12-JUL-09 12:43:30
Waypoint

AREA LECER RIOFRIO

12-JUL-09 14:27:37
Waypoint

BOSQUE ABELEIRAS

12-JUL-09 12:23:51
Waypoint

CANAVAL DE BAMBÚ

12-JUL-09 13:24:24
Waypoint

COMEZO

12-JUL-09 12:14:09
Waypoint

MUIÑO 1

12-JUL-09 12:17:14
Waypoint

MUIÑO 2

12-JUL-09 12:18:51
Waypoint

MUIÑO 3

12-JUL-09 14:43:29
Waypoint

MUIÑO DO CUBO

12-JUL-09 13:47:30
Waypoint

PASARELA

12-JUL-09 12:38:25
Waypoint

PASARELA AS AMOLARES

12-JUL-09 14:52:53
Waypoint

PASOS DE TATIN

12-JUL-09 12:52:29
Waypoint

PONTE DE CERNADELA

12-JUL-09 14:11:27
Waypoint

PONTE MONDARIZ

12-JUL-09 15:13:00
Waypoint

PONTE PO-252

12-JUL-09 14:23:46
Waypoint

PONTILLON A POEIRA

12-JUL-09 14:38:33
Waypoint

PRAIA 1

Camino
Waypoint

PRAIA DE FOXACO

Fondo
Waypoint

PRAIA 2

Río Tea
Waypoint

PRAIA CERNADELA

12-JUL-09 13:45:29
Waypoint

PRAIA MONDARIZ

12-JUL-09 15:01:45
Waypoint

REGO

12-JUL-09 13:01:15
Waypoint

REGO FURAFOLLA

12-JUL-09 13:21:14
Waypoint

REGO LOUGARIÑO

12-JUL-09 12:34:20

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta