Sé el primero en aplaudir
Vista 2587 veces, descargada 39 veces
preto de Cobres, Galicia (España)
O "Sendeiro dos muíños de Riomaior" atópase no límite entre as parroquias de Santa Cristina e San Adrián de Cobres.
Comeza na contorna da Casa da Cultura de Rio Maior, lugar onde hai un aparcadoiro.
Nada máis comezar atopamos o primeiro muíño. Ao carón do río, en sentido ascendente, hai unha morea de muíños que aos poucos van xurdindo entre as árbores.
Na primeira parte do percorrido están en mellor estado de conservación ca outros máis ao final, dos que so se conservan as paredes na maioría dos casos. Ao chegar ao final, damos volta de novo ata a Casa da Cultura.
É unha paisaxe rural moi bonita que invita a gozar da natureza e fermosas paraxes á beira do regato Portiño.
Waypoint
Casa cultural (inicio do sendeiro)
Waypoint
Muíño 34 (Fin da ruta)
Comentarios