Tempo  2 horas 6 minutos

Coordenadas 1124

Fecha de subida 7 de diciembre de 2016

Fecha de realización noviembre 2016

-
-
170 m
11 m
0
1,5
3,0
5,94 km

Vista 429 veces, descargada 9 veces

preto de Cobres, Galicia (España)

O percorrido realízase integramente dentro do Concello de Vilaboa, entre as parroquias de santa Cristina e santo Adrián de Cobres. O punto de partida está mesmo na Casa da Cultura de Riomaior, onde temos unha boa esplanada para aparcar e dispomos de varios paneis informativos da ruta e do medio.

A ruta, duns tres quilómetros, transcorre á beira do rego Maior durante a primeira metade e nas marxes do rego do Portiño aproximadamente dende o quilómetro 1,4 (muíños 13-14) até o final. Pasamos ao pé de 34 muíños, a meirande parte deles rehabilitados mediante dous obradoiros de emprego entre 2006 e 2008. En ruína total soamente hai un muíño, o número 31. Numerosas pontellas de madeira vannos levando dunha beira á outra do río.

O paseo resulta ben agradábel dende o comezo da ruta. O primeiro quilómetro, onde abundan as leiras á beira do río, non é espectacular, mais conforme avanzamos o contorno vai ser cada vez máis fermoso, sobre todo en época de chuvia co caudal algo elevado. A partir do muíño número 12 e coido que xa no rego do Portiño comezamos a camiñar por unha zona de bosque máis frondoso e pechado, xa estamos na fraga. Unha pequena fervenza cunha poza pouco fonda cuberta cunha cúpula vexetal forman unha imaxe preciosa. A seguir atopamos algún panel informativo ben conservado con explicacións sobre a estrutura dos muíños e a ruta segue a ser moi fermosa: varios muíños teñen unhas complexas canles de entrada de auga que tiveron que dar bastante traballo no seu momento, coas pedras cubertas pola carriza e que xunto cos castiñeiros e os carballos, polos que tamén medra o verde rubindo polos troncos e cubrindo as pólas, forman un conxunto dunha gran beleza.

Chegando á fin da ruta, cruzamos unha estrada estreita xustamente onda os muíños 27 a 30, pasamos pols restos do muíño número 31, o único en ruínas, pedras cubertas polo verde da carriza, dos fentos e da edra, e avanzamos cara aos últimos muíños. O derradeiro, o muíño de Miguel Lois, algo afastado do resto (a medio quilómetro do anterior) está no lugar de Bartáns.

A páxina web do Concello de Vilaboa ofrece información da ruta ( http://www.vilaboa.org/muinos_rio_maior.html) e unha boa descrición do funcionamento dos muíños de canle ou de cubo, con cada unha das súas partes: http://www.vilaboa.org/muinos_canle.html.

Unha ruta de pouca distancia mais que cómpre facer devagariño para gozar do seu engado.
Paneis informativos. Casa da Cultura
muíño 1
muíño 2
muíño 3
muíños 4 a 7
muíños 8 e 9 (tras ponte madeira e muro)
muíño 10
muíños 11 e 12
muíño 13
muíños 14 e 15
muíño 16
muíño 17
muíño 18
muíño 19
muíño 20
muíños 21 a 23
muíño 24
muíños 25 a 27
muíños 28 a 30
muíño 31 (en ruínas)
muíño 32
muíño 33
muíño 34, muíño de Miguel Lois

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta