Tempo  5 horas 32 minutos

Coordenadas 1203

Fecha de subida 9 de diciembre de 2016

Fecha de realización diciembre 2016

-
-
526 m
278 m
0
3,4
6,8
13,54 km

Vista 842 veces, descargada 32 veces

preto de Rosende, Galicia (España)

Este roteiro no concello de Sober está homologado coma PR-G 86 e une o lugar de Rosende co embarcadoiro dos Chancís, na desembocadura do río Xábrega no Sil. Ten tres partes ben diferenciadas: a dos socalcos dos viñedos, un treito medio onde predomina a explotación forestal e finalmente a zona que cadra ca xa anteriormente existente Rota dos Muíños do río Xábrega.

Comeza ao carón da Casa Grande de Rosende, antigo pazo feito no ano 1511 e ampliado a finais do século XVIII, que conserva a súa construción orixinal e o mobiliario da época e que agora está adicado a hospedaxe rural. Segue o camino cara ao val do río Cabe para internarse por medio dos bancais das viñas en cultivos con fortes pendentes que dan lugar a chamada "viticultura heróica", polas complicacións que carrexan os traballos para obter as variedades de mencía (tinto) e godello (branco).

Pasados os lugares de Portizó e Hortás, acadamos a Reitoral de Anllo, casa nobre do século XVIII que conserva os teitos orixinais de castaño e frescos en paredes e portas, cunha estructura en pedra. Hoxe é unha casa rural.

Pasa o roteiro deseguido por unha curta zona sen especial interese e que vai por pistas para as explotacións forestais e a contorna cambia de novo totalmente cando chegamos ao encaixado curso do río Xábrega ou regato de Camilo.

O percurso atinxe a súa máxima fermosura neste traxecto que acompaña a este pequeno rego ateigado de muíños nas súas beiras, podendo contarse ata 28 e dos que nos imos ver 13 -algúns deles restaurados- e no medio dun acolledor bosque de ribeira. Un chisco antes do remate, subiremos ao miradoiro do Xábrega, con espectaculares vistas sobre o canón do Sil, na zona dos Chancís.

Ver más external

Lugar no concello de Sober.
Vieiro en Rosende.
Bosque de carballos.
Casa nobre construida no ano 1511 no lugar de Rosende.
Lugar no concello de Sober.
Corredoira.
Congostra.
Fonte de auga potable en Portizó.
Bosque mixto.
Lugar de Sober.
Mina de auga potable en Arroxó.
Miradoiro do Xábrega, nos Chancís. Vistas sobre o Sil.
Muíño hidráulico no río Xábrega.
Muíño hidráulico no río Xábrega.
Muíño hidráulico no río Xábrega.
Muíño hidráulico no río Xábrega.
Muíño hidráulico no río Xábrega.
Muíño hidráulico no río Xábrega.
Muíño hidráulico no río Xábrega.
Muíño hidráulico no río Xábrega.
Muíño hidráulico no río Xábrega.
Muíño hidráulico no río Xábrega.
Muíño hidráulico no río Xábrega.
Muíño hidráulico no río Xábrega.
Ruínas de muíño hidráulico no río Xábrega.
Embarcadoiro no río Sil.
Bosque de piñeiros.
Lugar no concello de Sober.
Casa reitoral do século XVIII.
Afluente do río Sil. Tamén se chama rego de Camilo.
Lugar no concello de Sober.
Bosque de castiñeiros.
Plantación de vides.
Xerador eléctrico.

1 comentario

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 10-dic-2016

    Xa que o percorrido é lineal, precisades dun coche que vos leve a Rosende deixando o outro nos Chancís. En Sober hai varios taxis e o custo do servicio para levaros desde os Chancís a Rosende é de arredor dos 15 euros.

Si quieres, puedes o esta ruta