A páxina web
Camiño a Camiño do concello de Vigo, di sobre este sendeiro local:
“O Sendeiro Local de Cabral discorre polos variados montes de Cabral, atravesando corredoiras e camiños que permiten ver soutos de castiñeiros, o arboreto situado detrás do IFEVI, as plantacións de O Cotiño e O Gorxal, áreas de explotación forestal e o contraste entre o monte coidado pola Comunidade de montes de Cabral e algúns montes de particulares completamente abandonados.
Dada a súa confguración pódese principiar en distintos lugares: no arboreto, na Estrada do Tranvía, no campo de fútbol de Santa Marina ou no Gorxal. En calquera caso trátase dunha experiencia intensa da convivencia do monte cos espazos urbanizados.”
Unha das zonas máis interesantes pola que pasaremos é o parque forestal de Cotogrande ou Liñeiriños, na Becerreira. Cabral é unha das parroquias máis verdes de Vigo e a única, xunto con Valadares, con 2 parques forestais. Un, Bandeira, é o máis pequeno de Vigo, con apenas 10.000 m², pero o outro, o parque forestal de Becerreira, é un dos máis espectaculares da cidade, cunhas vistas impresionantes e unha agradable zona de recreo e grellas. Cada ano, a finais de verán, celébrase nel a Festa do Pan de Millo.
sensacions 3 nov 2020
He realizado esta ruta Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Ruta dentro de la ciudad , apacible , tranquila y transcurre la mayor parte por tierra en apenas tres horas se finaliza
Mouteira 19 mar 2021
He realizado esta ruta Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Hicimos esta ruta el 19/03/2021. Bien señalizada y en tres horas se realiza.
liliu 14 jul 2021
He realizado esta ruta verificado Ver más
Información
Fácil de seguir
Entorno
Fácil
Ruta fácil y muy bien señalizada. Gracias por compartir!