Coordenadas 525

Fecha de subida 22 de enero de 2017

Fecha de realización enero 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
190 m
39 m
0
1,6
3,2
6,47 km

Vista 1313 veces, descargada 60 veces

preto de Comesaña, Galicia (España)

Este percorrido pola parroquia de Comesaña foi promovido pola Comunidade de Montes e tamén polo Concello de Vigo, sendo os puntos a destacar -segundo lemos nos carteis do roteiro- os que siguen:

1.- Parque forestal de Aguieira (onde comezaremos o roteiro).

O monte veciñal de Comesaña, de 43,6 ha, está situado ao suroeste de Vigo, no Val do Fragoso. Está conformado por unha sucesión de cotos con fortes pendentes, por cuxas valgadas discorren regatos de grande importancia ecolóxica: rego Loureiro, rego Talliños, regueiro de Cartas, etc.

O parque forestal Aguieira é un espazao de 3 ha habilitado`pola Comunidade de Montes para uso público, conveniado co concello de Vigo por 30 anos. Neste lugar sempre habitaron águias, de onde procede o seu nome, e posúe un interesante miradoiro (164 m) cara ó final da ría de Vigo e os montes de Coruxo. Anque predomina o piñeiro do país, a Comunidade de Montes de Comesaña realizou nos últimos anos numerosos traballos de mellora da masa forestal, incorporando castiñeiros e carballos americanos.

2.- Arboreto de rego Loureiro e souto de Baños.

A salientar o arboreto de rego Loureiro ao carón da antiga incineradora, con máis de 20 especies diferentes de árbores en 3500 metros cadrados de superficie.

A parroquia de Comesaña sufriu as consecuencias da urbanización crecente do concello de Vigo nas últimas décadas. Unha das expresións deste crecemento dos anos 60 foi a creación dun vertedoiro no lugar de Baños. Co seu enterro definitivo en 1976, a Comunidade de Montes optou por realizar unha recuperación ambiental e paisaxística con castiñeiros.

3.- Castro de Casás.

Testemuña dun asentamento no monte de Casás e onde foron identificados restos da Idade de Ferro e da época romana. Aínda que nunca se escavou, existen restos no Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León".

Actualmente pódese apreciar un recinto principal defendido por terrapléns e, nun nivel inferior, un atrerrazamento. En tempos recentes evidéncianse explotacións de pedra e a aproximación urbana á zona.

4.- Fervenza das Lapas.

Espazo de alto valor ecolóxico propio de flora de ribeira (amieiros, salgueiros, fieitos, etc) localizado na parte baixa do regato de Talliños, onde se conforman diversos saltos de auga debido á pendente existente e dando lugar a unha fermosa fervenza. Próxima atópase a fervenza da Chan, no rego Loureiro.

5.- Muíños de Talliños.

Conxunto de tres muíños de auga dispostos en cadea, localizados na parte alta do regato de Talliños. Situados nun lugar de especial pendente e impoñente bravura natural, amosan claramente a adaptación dos propietarios destas "fábricas" de fariña para aproveitar a enerxía que, dun xeito espontáneo, fluía pola ladeira do monte. No seu tempo facían uso destes muíños tanto os vecinos de Comesña coma os de Freixo.

6.- Rodeiras de carros.

Polos camiños de Comesaña transitaban as mercadorías entre distintos lugares da comarca. Un dos transportes destacados foi a pedra para a construción de edificios no casco urbano, provocando as famosas rodeiras, rilleiras ou sucos escarbados polo roce do metal das rodas dos carros tirados por bois na rocha do chan.

Un exemplo especialmente atractivo atópase ao carón do percorrido deste sendeiro. Tamén pódense atopar outras mostras non tan espectaculares pero igualmente demostrativas do elevado tráfico noutros tempos por estes camiños.

Ver más external

árbol

Arboreto

Arboreto de Rego Loureiro, con máis de 20 especies diferentes de árbores.
foto

Camiño

Vieiro entre os lugares de Baños e Casás.
árbol

Carballeira

Bosque de carballos no lugar de Talliños.
Sitio arqueolóxico

Castro de Casás

Antigo asentamento castrexo no monte de Casás.
Waypoint

Comezo Comesaña

Punto de inicio do roteiro, no parque forestal de Aguieira.
Waypoint

Conexion 2 Matama

Punto de enlace co Sendeiro Local de Matamá.
Waypoint

Conexion 1 Matama

Punto de coincidencia co Sendeiro Local de Matamá.
Río

Fervenza das Lapas

Cadoiro de auga no rego de Talliños.
fuente

Fonte do Loureiro

Fonte auga potable en Loureiro.
árbol

Fraga

Bosque no lugar de Talliños.
foto

Lavadoiro

Lavadoiro en Casás.
panoramica

Miradoiro

Miradoiro sobre a ría de Vigo desde o parque forestal de Aguieira.
foto

Muiño 1 Talliños

Muíño hidráulico no rego de Talliños.
foto

Muiño 2 Talliños

Muíño hidráulico no rego de Talliños.
Picnic

Parque Aguieira

Parque forestal na parroquia de Comesaña, Vigo.
foto

Penedos

Bolos graníticos en Casás.
árbol

Piñeiral

Bosque de piñeiros preto do lugar de San Xoán.
Río

Rego do Freixo

Pequeno regato na parroquia de Comesaña.
Río

Rego Loureiro

Pequeno regato na parroquia de Comesaña.
foto

Rodeiras

Marcas deixadas polas rodas dos carros nun camiño preto do lugar de San Xoán.
foto

Sendeiro

Carreiro polo lugar de Talliños.
Waypoint

Sendeiro GR-53

Sendeiro de longo percorrido pola Mancomunidade de Vigo.
árbol

Souto

Bosque de castiñeiros no antigo vertedoiro de Baños.
árbol

Talliños

Lugar preto do lugar de San Xoán.
panoramica

Vistas

Vistas panorámicas sobre a bocana da ría de Vigo desde o souto de Baños.

2 comentarios

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 24-ene-2017

    Este roteiro ten conexión co Sendeiro Local de Matamá. Ligando os dous teremos un percorrido de 12,8 Km. O treito común dos dous sendeiros está sinalizado con balizas de cor branqui-azul, que de unir os dous, non teriamos que facer.

  • harremsis 20-ago-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Vistas buenas de la ría y las islas Cíes, pero la zona queda bastante desolada por los incendios de 2017. Ahora hay poca sombra para protegerse del sol fuerte del verano.

Si quieres, puedes o esta ruta