Tempo  3 horas 41 minutos

Coordenadas 1128

Fecha de subida 17 de octubre de 2016

Fecha de realización octubre 2016

-
-
450 m
159 m
0
2,5
4,9
9,81 km

Vista 2637 veces, descargada 114 veces

preto de Coruxo, Galicia (España)

Este sendeiro foi trazado pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo en colaboración coa Comunidade de Montes da parroquia de Coruxo e na información proporcionada destacan os seguintes puntos do percorrido:

1.- Fragoselo (punto de inicio do roteiro, ao carón da cafetería da Comunidade de Montes).
O monte vecinal de Coruxo conta cunha superficie de 241,7 ha, do que máis do 80% é arborado. Despois dos incendios dos anos 70, o Icona opta pola plantación de monocultivos de eucaliptos, piñeiros e acacia negra. No ano 1992 pasa a mans veciñais, que deciden a recuperación do bosque autóctono seguindo as trazas dos regatos. Na actualidade cóntase cunha biodeversidade forestal que se plasma en máis de trinta especies distintas de frondosas. A comunidade de montes tamén aposta polos usos recreativos e deportivos.

2.- Criadeiro de vacalouras.
Unha das actividades divulgativas da comunidade de montes de Coruxo xunto cun grupo de colaboradores é crear un espazo de alimentación de larvas de coleópteros, sendo a vacaloura o máis destacado. A iniciativa consiste en aterrar madeira de frondosas en descomposición para proporcionar alimentación ás larvas e insectos, e así contribuir no caso da vacaloura a manter unha especie en perigo de extinción.

3.- O Carballoso.
Os montes de Coruxo, xunto cos de Saiáns e Oia, contan cunha das maiores concentracións de espazos arqueolóxicos de Galicia. Un dos exemplos é o petróglifo do Carballoso. Outro dos atractivos é a paisaxe, podéndose contemplar a entrada da ría de Vigo, o Castro de Monteagudo, o Castro do Facho de Donón, a vila romana de Sobreira (Canido) e a vila romana de Mirambel.

4.- Outeiro da Raposa.
Neste espazo pódense contemplar a parroquia de Coruxo e as Illas Cíes. Resulta curioso que que a Illa de Santo Estevo ou Illa Norte pertenceu a Coruxo entre os séculos XII e XV.

5.- Parque Forestal de Coruxo.
Superficie de 35010 metros cadrados enclavada no lugar de Chan de Lagoas e destinada a espazo de lecer da cidadanía. Cedido por 30 anos ao concello de Vigo. O parque conta cun curioso miradoiro situado sobre un penedo e tamén cunha fonte, que o fan moi atractivo para as actividades lúdicas. Presenta unha mostra da variedade forestal citada anteriomente. Na parte superior do parque, ao pasar a fonte, atópase o enclave arqueolóxico de Chan de Lagoas.

6.- Maúxo Grande.
Un dos miradoiros con mellor panorámica de Vigo e bisbarra, que permite dispor, a 454 metros de altura dunha perspectiva de case que 360º. En particular pódese observar claramente como os montes do Maúxo separan o Val do Fragoso do Val Miñor.

7.- Regueira de Laxiade.
Un dos espazos máis coidados dos montes de Coruxo é a Regueira de Laxiade, onde se traballou intensamente desde o momento que o monte pasou a ser veciñal en 1992. Coa recuperación da masa forestal logróuse o aumento de especies e da poboación destas, como cabaliños do demo, vacalouras, raposos, avelaionas, donicelas, petos, sapiños pintos, cobras e mesmo algunha anguía. Destaca, en todo caso, unha xoia da fauna galega, a píntega rabilonga. Proseguindo no sendeiro atópase un dos poucos soutos que pervive no concello de Vigo.

8.- Petróglifo da Pedra Moura.
Próximo ao remate do sendeiro, en Fragoselo, atópase a Pedra Moura, o maior conxunto de gravados rupestres sobre unha rocha no concello de Vigo (10,5 x 4,5 metros). Mestura gran cantidade de combinacións circulares, cazoletas, coviñas e chéganse a interpretar oito pares de pegadas de zoomorfo. Posúe unha gran representación de círculos concéntricos de 124 cm de diámetro. Sobre o lugar hai múltiples lendas de mouros, tesouros e serpes.

Ver más external

Camiño tradicional en Fragoselo.
Ermida en Fragoselo, onde comeza o roteiro.
Punto de inicio en Fragoselo, ao carón da cafetería da Comunidade de Montes de Coruxo.
Criadeiro de coleópteros.
Fonte de auga potable.
Fonte de auga potable no parque forestal de Coruxo.
Outeiro de 454 m de altura.
Outeiro onde hai petróglifos.
Mirador panorámico.
Parque recreativo na parroquia de Coruxo, Vigo.
Petróglifo en Fragoselo, Coruxo.
Conxunto arqueolóxico en Fagoselo, Coruxo.
Bosque de piñeiros.
Pequeno rego en Fragoselo, Coruxo.
Marcas feitas polas rodas dos carros.
Bosque de castaños.
Bosque de castaños.
Bosque de castaños en Fragoselo.
Vistas sobre a ría de Vigo.

1 comentario

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 17-oct-2016

    O sendeiro atópase perfectamente sinalizado, non fai falla GPS.

Si quieres, puedes o esta ruta