Coordenadas 539

Fecha de subida 17 de diciembre de 2016

Fecha de realización diciembre 2016

-
-
224 m
52 m
0
1,5
3,0
5,95 km

Vista 1145 veces, descargada 24 veces

preto de Comesaña, Galicia (España)

Este sendeiro promovido pola Comunidade de Montes de Matamá xunto co concello de Vigo, ten conexión e continuidade co que discorre pola parroquia de Comesaña. Nós faremos só o treito de Matamá, polo que ao chegar as balizas branquiazuis que marcan o atallo, colleremos por elas.

O percorrdio podémolo comezar no muíño restaurado da Regueira. Segundo a información oficial do roteiro, os puntos de maior interese son:

1.- Muíño da Regueira.
Localizado no barrio da Balsa, é un claro exemplo de recuperación dun valor patrimonial oculto polas diversas obras e estradas trazadas no seu entorno. Nos anos 60 o muíño ía cara a súa desaparición. No ano 2008, o Colectivo Cultural Alternativo Mala Herba tivo a iniciativa de recuperación en acordo cos propietarios do muíño, dando como resultado en 2011 dun lugar cun encanto especial e entorno de diversas festas tradicionais de Matamá.

2.- Petróglifo das Millaradas.
No lugar de Móo atópase un conxunto de petróglifos denominado das Millaradas. Estas obras están datadas entre os tres milenios ou os dous a.C. e eran os diarios da época nas que narraban os acontecementos e as crenzas. A Comunidade de Montes de Matamá, sobre a base de estudos técnicos, ten realizado unha intervención de recuperación destacable. Tamén hai petróglifos asentados en montes de propiedade privada, que xunto co anterior, configuran un espazo patrimonial de interese.

3.- Fraga das Alvorezas.
Singular bosque de caducifolias escondido nun recuncho da parroquia de Matamá, que a Comunidade de Montes está traballando para que se converta nun espazo para a rexeneración de poboacións de cervos voantes ou vacalouras. Estos coleópteros só habitan en bosques maduros e ben conservados, sendo un indicador da calidade ecolóxica dos mesmos. Para a súa reproducción requiren madeira morta de árbores leñosas caducifolias (castiñeiro, carballo, etc). As larvas pasan de un a cinco anos alimentándose da madeira en descomposición. Unha vez se convirten en adultos, a súa vida é curta, entre quince días e un mes, sendo o seu principal propósito a reproducción. Por todo isto, son unha especie en perigo de extinción, que cómpre protexer.

4.- Parque Forestal de Maruxento.
O monte vecinal de Matamá, de 16,5 hectáreas, é dos máis próximos ao casco urbano na parte sur do concello de Vigo. Trátase dun monte eminentemente social ao estar misturado entre pequenos núcleos de poboación. Quedou dividido en dous pola estrada da circunvalación de Vigo (VG-20), quedando por riba desta a maior parte do terreo. O parque forestal do Maruxento é un espazo de recreo para a cidadanía habilitado pola Comunidade de Montes de Matamá. Outro espazo de uso público nesta comunidade é a área recreativa de Vilar, pols que tamén se pasa no recorrido do sendeiro.

Ver más external

Fonte sen caudal de auga.
Pequena área recreativa con algunha mesa.
Punto de inicio, ao carón do muíño da Regueira.
Punto de conexión co sendeiro que prosigue por Comesaña.
Punto de conexión co sendeiro que sigue por Comesaña.
Antiga escola taller forestal.
Bosque mixto.
Mujíño hidráulico de cubo restaurado.
Área de lecer de Vilar.
Área de lecer de Maruxento.
Petroglifos de Millarada, en Matamá.
Vistas panorámicas sobre Vigo.
Vistas panorámicas sobre Vigo.

1 comentario

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 24-ene-2017

    Este roteiro ten conexión co Sendeiro Local de Comesaña. Ligando os dous teremos un percorrido de 12,8 Km. O treito común dos dous sendeiros está sinalizado con balizas de cor branqui-azul, que de unir os dous, non teriamos que facer.

Si quieres, puedes o esta ruta