Coordenadas 748

Fecha de subida 7 de noviembre de 2016

Fecha de realización noviembre 2016

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
464 m
306 m
0
1,9
3,7
7,45 km

Vista 2517 veces, descargada 131 veces

preto de Cela, Galicia (España)

Este sendeiro está promovido polo concelllo de Vigo e a Comunidade de Montes de Zamáns e podemos ler nos paneis informativos do roteiro sobre os puntos de maior interese:

1.- Parque forestal de Zamáns.
Superficie de 30.000 metros cadrados enclavada no monte vecinal en man común de Zamáns e destinada a espazo de lecer da cidadanía. Cedido por 30 anos ao concello de Vigo. O monte veciñal de Zamáns (238 hectáreas) é o de maior superficie en relación coa poboación da parroquia, supón a masa forestal máis do 70%. Sitúase no sur do concello de Vigo, limitando con Gondomar, O Porriño e Mos. Achegándose ao cumio do monte Galiñeiro acada preto dos 700 metros de altitude e no entorno do encoro de Zamáns baixa ata os 300 metros.

2.- Fervenza da Freixa.
No ascenso polos montes de Zamáns pódense atopar algúns dos exemplos das plantacións de piñeiros e castiñeiros. Destaca no medio dunha destas plantacións a existencia dunha fervenza natural no río da Freixa, que recolle as augas procedentes do cumio para levalas ao río Zamáns e que, nos meses de augas, proporciona una estampa engaloiante. Neste traxecto pódese comprobar a conformación granítica dos montes, con formas moi curiosas. Precisamente o granito, e tamén o gneis, fixo destes montes un espazo destacado na explotación de canteiras, tanto para pedra de edificación como para grava e lastros. Un exemplo destacado foi a canteira de cuarcita de Vilaverde, cunha fondura de 38 metros na súa parte máis alta; actualmente abandonada.

3.- Monte Galiñeiro.
Para os habitantes de Zamáns, o Galiñeiro é un referente na medida en que de xeito permanente preside a parroquia, acobilla os seus montes e sorte as súas levadas de auga. Son chamativas as "ghallas" que coronan o cumio e que poñen en evidencia a relevancia xeolóxica do monte Galiñeiro. A súa orixe data de finais da Era Terciaria como resultado dos afundimentos e levantamentos provocados pola Oroxénese Alpina. Trátase dun macizo tectónico no que a pendente máis abrupta é a da cara oeste, mirando cara o Val Miñor. Ao leste, no val do río Louro, atópase a fosa tectónica de 140 Km que atravesa Galicia dende Carballo ata Tui. Polo norte mira cara o Val do Fragoso, que é a perspectiva que todos os vigueses e viguesas pronto recoñecen. O monte Galiñeiro é un espazo natural axeitado para o sendeirismo, a escalada e outros deportes de natureza. Tamén ten unha importante relevancia patrimonial polos restos arqueolóxicos atopados, polos petroglifos e as mámoas existentes, e por contar cunha curiosa fortificación de altura, primeiro castrexa e logo romana.

4.- Encoro de Zamáns.
Foi construido a partir de 1952 e inaugurado en 1960, sendo o primeiro sistema de abastecemento de auga da cidade de Vigo ata que en 1977 se construíu o encoro de Eiras. Cobre unha extensión de 20 hectáreas e conta cunha presa de 29 metros de altura e unha capacidade de 2,2 Hectómetros cúbicos. Nútrese das augas do río Zamáns ou Amial e, en maior medida, das precipitacións. Na actualidade abastece a unha poboación de 40.000 habitantes, o que supón o 14% da auga consumida en Vigo. Nos últimos anos tamén abastece ao Val Miñor.

5.- Muíños do río Zamáns.
Unha das paraxes particulares no percorrido do sendeiro local é o que atravesa a área arqueolóxica de Zamáns. No conxunto pódense atopar cinco muíños hidráulicos con dúas pontellas e un lavadoiro. Outros catro muíños quedaron mergullados polo encoro, ao igual que unha parte do camiño real que unía Tui con Vigo."

Ver más external

Camiño carreteiro no lugar de Casal de Abalde.
Camiño carreteiro preto do parque forestal de Zamáns.
Antiga canteira de cuarcita.
Punto de inicio de roteiro no parque forestal de Zamáns.
Encoro que abastece de auga a cidade de Vigo.
Pequena fervenza no regato de Amial.
Fonte de auga potable.
Bosque nas beiras do encoro de Zamáns.
Igrexa parroquial de Zamáns.
Xacemento de auga.
Muíño no rio Zamáns.
Muíño hidráulico no río Zamáns.
Muíño no río Zamáns.
Muíño hidráulico no río Zamáns.
Parque forestal na parroquia de Zamáns, Vigo.
Bosque de piñeiros.
Pontella sobre o río Zamáns.
Pequena praza pública no centro da parroquia de Zamáns.
Pequeno regato.
Río que se encora para dar auga potable a cidade de Vigo.
Bosque de castiñeiras.
Vistas ao cumio do monte Galiñeiro.

5 comentarios

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 08-nov-2016

    Para facelo no fai falla GPS ao estar perfectamente sinalizado e podedes comezalo no parque forestal ou un chisco antes, na praza pública de Zamáns.

  • Foto de Mohican

    Mohican 09-oct-2017

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Bonita y trankila ruta.
    Gracias por compartir tus rutas, te tengo en mis favoritos.

    Un saludo.

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 09-oct-2017

    Gracias, "Mohican".

    Saludos.

  • Foto de pedro de vigo

    pedro de vigo 26-abr-2018

    GRACIAS POR TUS RUTAS ;)

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 26-abr-2018

    De nada, Pedro. Que disfrutes de la naturaleza.

Si quieres, puedes o esta ruta