• Foto de Sendeiro Os Bosques Máxicos de Castro Caldelas
  • Foto de Sendeiro Os Bosques Máxicos de Castro Caldelas
  • Foto de Sendeiro Os Bosques Máxicos de Castro Caldelas
  • Foto de Sendeiro Os Bosques Máxicos de Castro Caldelas
  • Foto de Sendeiro Os Bosques Máxicos de Castro Caldelas
  • Foto de Sendeiro Os Bosques Máxicos de Castro Caldelas

Tiempo en movimiento  3 horas 16 minutos

Tempo  4 horas 29 minutos

Coordenadas 3255

Fecha de subida 26 de noviembre de 2017

Fecha de realización noviembre 2017

-
-
869 m
404 m
0
4,9
9,9
19,71 km

Vista 82 veces, descargada 5 veces

preto de Castro Caldelas, Galicia (España)

Inauguración da ruta PR-G 213 denominada "Sendeiro Os Bosques Máxicos de Castro Caldelas"

PERCORRIDO:
A primeira parte da ruta comenza na Praza do Prado de Castro Caldelas e faremos os primeiros 15 kms, adentrándonos na fermosa fraga e descendo polo famoso e ben fermoso "Souto de Poboeiros" en dirección o Val de A Abeleda. Polo camiño pasaremos por O Pazo do Couto e por varias aldeas abandoadas (Entrambosaguas, Valverde e O Rosario).
Logo pasamos pola zona baixa do Val, entre viñedos, pequenos bosques e antigos muiños dirixíndonos cara o río Edo. Seguindo un antigo camiño empredrado chegamos o misterioso Monasterio de San Paio da Abeleda, actualmente en ruinas, pero con un encanto e misterio sin igual.
Deixando atrás o monasterio nos diriximos a zona de Santa Tecla. Seguindo o curso do Rego do Porto, volvemos a pasar entre carballos e castiñeiros milenarios para dirixirnos o punto de partida.
De novo en Castro Caldelas, desde a Praza do Prado, despois de tomar un pequeno almorzo (para non cargar o estómago, e non por saciar as ganas de esa rica empanada, caldo quentiño, chocolate quentiño con bica ou ata lentellas... un espectáculo para o paladar, e un 10 a organización, pero había que seguir) comenzamos a segunda parte con 5 km por diante, que foron duros, porque as ganas non eran as mismas das 8:30 da mañá. Esta segunda parte trascorre entre prados e bosque autóctonos en dirección o Mosteiro de San Xoan de Camba. Desde alí descendemos o río Edo, e o camiño de regreso a Castro Caldelas sigue a carón do río, un paseo marabilloso chamado Paseo dos Muiños. Dende aquí queda 1 km que se fai interminable para chegar a praza e poder disfrutar dunha boa empanada co seu viño da Ribeira Sacra e para rematar cun chocolate quentiño e unha bica de Castro Caldelas irresistible (Bicas o Forno).

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta