-
-
473 m
1 m
0
6,0
12
23,85 km

Vista 4287 veces, descargada 95 veces

preto de Pontesampaio, Galicia (España)

Este é un sendeiro homologado pola Federación Galega de Montañismo (actualmente en revisión) que sae dende Pontesampaio (concello de Pontevedra na ría de Vigo) e que chega a Pontevedra.
Tras 20 minutos de caminata dende Pontesampaio, cruzaremos o río Ulló de xeito aventureiro porque a pequena ponte que existía arrasouna unha riada tras os incendios forestais do verano do ano 2006. Tras subir pola beira do río Ulló temos que seguir camiñando ata a seguinte ponte (esta sí que está) e continuar o camiño.
É un sendeiro no que os seus principais valores medioambientais están no inicio e no fin (nas bandas dos ríos Ulló e no Lérez) xa que na zona central os incendios asolaron casi todo pero ten un valor paisaxístico moi importante porque ten moi boas vistas da enseada de San Simón (ría de Vigo) e de toda a ría de Pontevedra (ata as illas Ons no Parque Nacional) e da propia vila de Pontevedra e da conca do río Verdugo, Pontecaldelas e ao fondo a serra do Xuido.
O sendeiro pode comezarse chegando a Pontesampaio en tren (a Arcade 500 m.) ou en bus (Arcade 400 m.) e tras atravesar a ponte medieval sobre o río Verdugo comeza en si o sendeiro Entre Rías ou PRG48.
Son 24 Km. cunha cota máxima de 600 metros e con auga potable durante o percorrido.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta