Tempo  8 horas 34 minutos

Coordenadas 2718

Fecha de subida 7 de junio de 2017

Fecha de realización junio 2017

-
-
476 m
136 m
0
5,1
10
20,36 km

Vista 458 veces, descargada 24 veces

preto de Castrelos, Galicia (España)

Unha bonita ruta mui preto de Vigo, polos montes de Bembrive e Beade e polo río Eifonso.
Nada mais empezar xa nos atopamos dentro dunha gran plantación de cerdeiras que nesta época xa están empezando a madurar, polo que xa puidemos probar algunhas.

Agora toca subir polo Parque Forestal de Beade ata a súa cima onde nos atopamos con unha área de lecer con campo de fútbol dende onde podemos observar unhas boas vistas da ría de Vigo e arredores.

Con pequenas baixadas e subidas por pistas forestais e camiños chegamos a outra área de lecer, O Pouso en Bembrive con unha gran plantación de árbores autóctonos.

Antes atopámonos coa Casa das Augas, onde se recollían ás augas dos mananciais que abastecía a Vigo. Agora só para a subministración de Bembrive.

A pouca distancia da área de lecer O Pouso, repoñemos forzas xantando no Bar Os Ramallos, no que Chicha nos atende estupendamente.

Pola tarde e pola sombra que nos ofrece o percorrido polo río Eifonso facemos o que nos resta de camiñada. Esta parte corresponde ao PRG 5 (Senda Eifonso), un precioso percorrido pola beira do río. Observamos que existe unha grande información das aves, flora, árbores, etc, con paneis informativos.

Aínda que se pode facer sen GPS ao estar ben sinalizada, como hai marcas azuis e brancas, amarelas e brancas e incluso vermellas e brancas do GR 53, pode dar lugar a equivocarnos, polo que recomendamos facelo con el.

Tempo en movemento 5 horas 54 minutos con unha media de 3,45 Qm/h.
N42.18719° W8.67779°
N42.18535° W8.69610°

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta