Tiempo en movimiento  5 horas 45 minutos

Tempo  9 horas 5 minutos

Coordenadas 3835

Fecha de subida 19 de mayo de 2019

Fecha de realización mayo 2019

-
-
2.080 m
1.191 m
0
5,7
11
22,88 km

Vista 10 veces, descargada 0 veces

preto de San Ciprián, Castilla y León (España)

Prólogo do noso Bareto:
Como vedes, começa na praça de San Ciprián de Senabria, a 1170 m. Primeiramente caminharemos polas veigas à beira do Riu de Trefaciu por un dos antigos caminhos de subida à serra. O val vai ir-se estreitando a medida que ganhamos altura e chegamos ao ponto no que, de entre os regatos que se unen para forma-lo rio, escolheremos o Arroyu da Barciniella para ascender polo seu val en forte pendente até a linha principal de cúmios da Sierra da Cabreira, na fronteira entre Senabria e Cabreira.
A partir de aí, os cúmios van ir moi seguidos: primeiro os penedos que forman o Altu da Peiña Negra (2029 m) e, a seguir, os outeiros do Altu del Cadabal (2013 m), Cerro de Valdelafreita ou de Fullanquinos (2015 m) e o Picu da Faeda (2024 m), o que é máis famoso por ter un vértice geodésico.
Dende este último, desceremos até a estreita crista da Portiella de Funtiegu, pola que cruza a pista que une a aldea cabreiresa de La Baña coa senabresa de San Ciprián.[...] a pista há-nos servir para un cómodo descenso até a aldea, bordeando o val pendurado da Barrosa (ides aprender o que é un val pendurado 😁), e finalmente sobre o canón glaciar da Carambiella. 20 quilómetros moi completos.
Un pequeno apunte sobre o "paseinho":
O ruta transcurriu por bos carreiros e pistas, máis hai dous datos importantes a ter en conta. O primeiro, tras vadear a fervenza do rio Barciniella e facer un tramo en falso, descubrimos que o camiño ascende sen cruzalo, mais está prácticamente desaparecido baixo maleza, e tivemos que atravesar uns 300 metros entre codexo, carqueixa e brezo ata atopar o cortalumes. E seguidamente, tras atravesar o rio, decidimos seguir o cortalumes que ascende directamente á cresta da serra, tendo por tanto un desnivel moi acentuado. Cumpre facelo con calma, ou coller o camiño alternativo polo zigzag que se ve claramente e que ampliará o tempo e a distancia do roteiro.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta