erbedo

Coordenadas 1129

Fecha de subida 20 de febrero de 2013

Fecha de realización febrero 2013

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
1.519 m
909 m
0
8,1
16
32,4 km

Vista 2230 veces, descargada 29 veces

preto de Queixa, Galicia (España)

A ruta arranca na cola do encoro de Chandrexa de Queixa, na Ponte de Santa Cruz, no concello de Chandrexa de Queixa, seguindo o vello camiño da Edreira. Non hai escapatoria nin perda, en todo momento as pronunciadas e escarpadas paredes das serras, especialmente da de Queixa pola banda esquerda, non deixan dúbida nin ganas sequera de intentalo.

O percorrido acompaña a ruta ao río da Queixa, ascendendo serea e paseniñamente cara A Ferrería (vestixio dunha antiga e artesanal industria metalúrxica, hoxe acubillo de gando) onde se suman as augas do regato de Torneiros que recolle as das concas aínda más pequenas de Montederramo polo lugar de O Teixedo, outro pobo abandonado non moi lonxe da cara este de O Bidueiral de Montederramo.

Xa n’A Ferrería as tornas cambian e o tranquilo camiño encabritase para levarnos cara os cimos da serra de San Mamede e gozar da magnificiencia da paisaxe e da atracción da “alta montaña” galega. L ogo do paseo polos cumios, prosegue o camiño co descenso tendido pero continuo que nos leva de volta e nos achega ata o que un día, non moi afastado, foi A Edreira, lugar recóndito, situado onde nace o río de Queixa que divide este concello e o de Montederramo, un pequeno "oasis" en pleno corazón do Macizo Central Ourensán. E xa pouco queda para retornar a antiga ferrería, onde desfacemos o andado ata o punto de partida na Ponte de Santa Cruz, deixando atrás lugares incribles onde moitos dos fuxidos que loitaron contra o réxime franquista atoparon destemplado refuxio.

1 comentario

  • Tío_Pepe 21-jun-2015

    Gústame esta ruta, aínda que é algo longa, sobre todo tendo en conta as costas que hai que subir. Grazas por compartila.

Si quieres, puedes o esta ruta