-
-
589 m
7 m
0
6,0
12
24,06 km

Vista 84 veces, descargada 0 veces

preto de Barreira, Galicia (España)

Ruta deseñada conjuntamente con Vicente Campaña para a A.V.Montefaro de Mugardos y finalmente realizada o 20 de octubre de 2018. Trasncorre fundamentalmente a través da Serra do Barbanza, permitíndonos disfrutar dalgúns dos seus principais vestixios arqueólóxicos así como dalgunhas das súas máis espectaculares vistas panorámicas.
O percorrido aproveita algún dos tramos máis interesantes de tres das rutas máis significativas da comarca: o PRG-146 Ruta Ambiental do Castelo de Vitres, a Ruta Arqueolóxica do Barbanza e a Ruta do Monte Iroite do Concello de Porto do Son.
Iniciamos o percorrido moi preto do Monte Iroite, maior altura da Serra do Barbanza cos seus 685 metros e no que se atopa a estación militar EVA 10 (Escuadrón de Vixiancia Aérea nº 10 do exército do aire). Este primeiro tramo trancurre pola coñecida como “Balconada”, unha pista que circunda a parte alta da saia do Monte Iroite e que se converte nun auténtico balcón sobre a Ría de Muros e Noia. Ó longo do percorrido poderemos disfrutrar das vistas das vilas de Noia, Portosín, Muros, Porto do Son así como, entre outros, do Monte Louro, Monte Enxa e Monte Pindo. No Miradoiro do Monte Iroite nos atoparemos cun panel informativo que nos permitirá localizar visualmente algúns destes punto de interés.
Deixamos atrás as vistas para adentrarnos nos coñecidos como “Chans do Barbanza”, unha extensa meseta situada no mais alto da serra do Barbanza. Aquí se atopa unha das maiores concentracións de antas e mámoas de Galicia. Nun tramo de 4,5 kilómetros atópanse dez necrópoles que acollen ata trinta mámoas e antas. De todos eles destacan a Casota do Páramo e a Arca do Barbanza. Esta última, situada ós pes do nacemento do Río Barbanza, está considerada como o monumento megalítico mais grande do Barbanza e un dos de maiores dimensións de Galicia.
Unha vez deixada atrás a ruta arqueolóxica, pero aínda sen abandoar os Chans do Barbanza, enlazamos coa PRG-146. Cedo iniciaremos un marcado descenso no que poderemos disfrutar novamente de fermosas vista ainda que neste caso sobre a Ría de Arousa. A primeira parte do descenso transcurre por unha paraxe rochosa na que son de salientar a Calzada de Vitres, de orixe medieval, e o Castelo de Vitres no que xa no se observan restos de ningunha construcción pero que constitue unha magnifica atalaia sobre a Ría de Arousa. Pouco antes de chegar á aldea de Mosquete percorremos un pequeño treito á beira do Río Lerez, de gran beleza. Tras deixar atrás a aldea de Mosquete iniciamos a parte final do descenso entre pinares e algún bosque de ribeira no que aínda poderemos disfrutar dalgúnha pequena fervenza e algún antigo muiño. Finalizaremos a ruta na Praia de Barraña de Boiro tras percorrer á beira do río Coroño o seu tramo final.
Waypoint

ARCA DO BARBANZA

Waypoint

CALZADA DE VITRES

Waypoint

CASOTA DO PARAMO

Waypoint

CASTELO DE VITRES

Waypoint

EVA 10

Waypoint

Mirador Iroite

Waypoint

Mosquete

Waypoint

PASAIS DE BRAZOS

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta