Tiempo en movimiento  3 horas 21 minutos

Tempo  6 horas 3 minutos

Coordenadas 1912

Fecha de subida 26 de noviembre de 2017

Fecha de realización noviembre 2017

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
984 m
597 m
0
3,5
6,9
13,83 km

Vista 459 veces, descargada 20 veces

preto de Acebeiro, Galicia (España)

Ruta pola serra do Candán (nome que parece que procede da advocación a Iupiter Candamio). Tomando como base a compartida por auriscou: https://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6256246 aínda que comezando noutro punto. Accedemos dende a PO 534 e a uns 8,5 quilómetros do cruzamento coa N541 (Estrada de Ourense a Pontevedra), collemos unha pista sen asfaltar (en bastante mal estado) á dereita para subir á serra. Estaciomans nos primeiros viraventos e comezamos aquí xustamente o percorrido.
Nesta zona alta as vistas son grandiosas. Descéndese logo cara a aldea abandoade de Grobas, xunto a un fermoso regueiro. Este lugariño debeu ter unha desafogada economía pois os restos de casas que se conservan son de boa feitura e dimensións. Chegou a haber mestre e tiña dous muiños pero non dispuxo de electricidade nin aquí alcanzou a vir o asfalto. Un refuxio parece esta ocupado con certa regularidade (é unha impresión).
Sóbese logo unha fermosa devesa por un sendeiro ben pino (logo convertido en camiño aberto por "palas" tipo "Deputación".
De novo na zona alta, tras pasar polo miradoiro que domina toda a vista do val, podemos contemplar un elemento histórico importante: as neveiras. Propiedade do Cabido de Santiago, eran almacéns de xeo procedente da neve recollida e compactada, que no verán se consumía en Santiago ou noutras vilas. Están escavadas dúas e contan con paimeis explicativos.
Preto está unha mámoa, xa algo danada por unha devasa.
Polas pistas dos eólicos retórnase ao punto de inicio.
Unha fermosa ruta, adecuada para día non asollados ou ventosos pois a zona alta está moi desamparada.
Ola, ou marmita feita polo río na rocha. Hai instalada unha curiosa bomba hidráulica de carneiro para subir auga ata o refuxio...

2 comentarios

  • Rinconete e Almorciño 21-feb-2019

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Preciosa e asequible

  • Tío_Pepe 21-feb-2019

    Certamente, Rinconete e Almorciño. Unha gozada.
    Grazas por comentar.

Si quieres, puedes o esta ruta