-
-
943 m
331 m
0
4,0
7,9
15,88 km

Vista 1406 veces, descargada 11 veces

preto de Aguasantas, Galicia (España)

Sábado, 23 de maio de 2015. Serra do Cando.
A Serra do Cando é unha cordilleira montañosa con altitudes non superiores aos mil metros, alongada e situada entre os vales do río Lérez e do río Verdugo. Ten pola parte sur a serra do Súido e polo norte as primeiras estribacións da serra do Candán. Incluído na Rede Natura e Lic. Abarca territorios do concello ourensán de Beariz e os pontevedreses de Forcarei, Cerdedo, Cotobade e A Lama.
Nesta ocasión achegámonos ao pintoresco lugar do Verdugo, a beira do río co mesmo nome, seguindo algún tramo da ruta Tras os pasos do rÍo Barbeira (que desemboca no lugar de O Verdugo) e do Roteiro dá Escuadra.
Percorrido en continuo ascenso por antigas calzadas de pedra, senllas de animais e campo a través. Vistas excepcionais sobre as Rías Baixas e panorámicas da contorna.
Dezaseis quilómetros por unha serra chea de encanto na que se perciben sensacións moi especiais. Volveremos en futuras ocasións.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta