-
-
750 m
88 m
0
6,2
12
24,87 km
Vista 1299 veces, descargada 46 veces
preto de Sanguiñeda, Galicia (España)
Ruta que percorre os cumios da serra do Galleiro, mais longa que a anteriormente proposta ( http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6304756 ), pero ten a ventaxa de facer toda a subida pola mañán. O punto de partida da ruta e a capela da virxen dos milagros de Carracido (O Porriño), a que se accede dende a N.550 que vai dende Porriño a Redondela.
Parte da subida se fai polo percorrido dunha proba de bicicleta de montaña con bastante frondosidade de vexetación (Carballos, Loureiros, acacias, modroños...), que contrasta coa escasez dos cumios. O percorrido coincide en ocasións co sendeiro das Greas e co sendeiro historico de Mos. No inicio e fin da ruta existen numerosos cruces de sendeiros que están señalados no track a dirección a coller. Dado que parece que na web solo admiten 25 waypoints como max, optei por mostrar estes no track en vez dos puntos de interes que basicamente son penedos, cumios e miradores os cales xa se apreciarán no percorrido.
Os puntos de interese principais da ruta son algúns dos numerosos Penedos que existen na contorna de Carracido, e como non, as vistas sobre a comarca: Val do Louriña, enseada de San Simón, Illas Cies e Vigo, o aeroporto de Peinador, a Paradanta (Mondariz e Ponteareas...). Tamen resaltar a frondosidade do fondo do val no inicio da ruta, en contraste coa existente na parte alta do monte.
Destacar tamén o evitar facer esta ruta nos días soleados de vran cando o sol pega con forza na parte alta do monte, tamén os dias de mal tempo pois, aparte de perdernos as fabulosas vistas,o vento e a choiva azotan a parte alta do monte.

Si quieres, puedes dejar un comentario o valorar esta ruta
Comentarios