-
-
751 m
269 m
0
4,6
9,1
18,28 km

Vista 2549 veces, descargada 23 veces

preto de Nespereira, Galicia (España)

Domingo, 09 de marzo de 2014. A nosa actividade de montaña iníciase no lugar pequeno e pintoresco lugar O Valado da parroquia de Nespereira (San Martiño) do Concello de Pazos de Borbén. En datas pasadas estivera realizando a magnífica ruta Fraga do Río Barragán (límite natural con Fornelos de Montes) tamén en Pazos de Borbén.
Ruta un pouco esixente que permite diferentes alternativas, segundo as condicións de cada persoa. A ruta discorre por monte baixo e pouca masa arbórea polo que é recomendable a súa realización en épocas non demasiado calorosas. Dende estas elevacións próximas á costa, as vistas panorámicas son estupendas en toda a contorna. A serra ou montes do Súido, A serra Xaxán, o Val do Louro, Enseada de San Simón, Illa de San Simón, Redondela, o aeroporto de Peinador, Vigo, a Ría de Vigo, O Galiñeiro, Cíes. Vistas en todos os puntos cardinais.
O noso obxectivo era percorrer o cordal. Os puntos máis significativos do noso percorrido dende O Valado son: Salgueiro, Salgueirón, O Galleiro (vértice xeodésico). Un percorrido moi recomendable.

Ver más external

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta