Tempo  4 horas 27 minutos

Coordenadas 1307

Fecha de subida 21 de diciembre de 2013

Fecha de realización diciembre 2013

-
-
698 m
249 m
0
3,4
6,8
13,64 km

Vista 1568 veces, descargada 26 veces

preto de Avelar, Viana do Castelo (Portugal)

O río Ribeira de Porto Avelar ten o seu nacedeiro na parte alta da aldea de Avelar, derramando as sus augas pola aba sur do macizo montañoso das serras da Peneda e Soajo, xa lindando co Parque Nacional.
O río vai abrindo un profundo val entre o pico Pinheiros e o Alvite e será o eixo vertebrador do noso roteiro.
Comezando en Avelar encamiñámonos hacia o curuto de Pinheiros (730 m) e de aquí en contínuo descenso, deixando atrás os curráis, acadamos a aldea de Vila Boa, na marxe dereita do río, para seguir por una encaixada corredoiro que cruza a Ribeira de Porto Avelar.
Prosegue o camino carreteiro empedrado ata Cortes e de aquí imos a Oucias, onde dispomos dunha boa oferta de aloxamento rural.
A seguinte etapa é Lombadinha, na freguesía de Gondoriz, comunidade de montaña con recursos pastorís e gandeiros.
Serra enriba e parando de cando en vez para contemplar o fermoso val con cultivos en bancales, chegaremos ao punto de partida, nas aforas de Avelar.

Ver más external

Camiño que une a aldea de Cortes coa ponte sobre a Ribeira de Porto Avelar.
Capela situada na aldea de Lombadinha.
Bosque de carballos nas aforas da aldea de Lombadinha.
Chozo de pedra na aldea de Lombadinha.
Comezo do noso percorrido. Por riba da aldea de Avelar.
Corredoira en Vila Boa de subida ao pico Pinheiros.
Corredoira que vai a ponte da Ribeira de Porto Avelar desde Vila Boa.
Corredoira na aldea de Lombadinha.
Aldea situada entre Vila Boa e Carralcova.
Zona acoutada para o gando.
Fonte na aldea de Vila Boa.
Hórreos en ruinas na aldea de Oucias.
Aldea da freguesía de Gondoriz, Arcos de Valdevez.
Muíño na aldea de Oucias.
Aldea da freguesía de Carralcova. Conta con establecementos de aloxamento rural.
Poldras para o paso dun rego en Lombadinha.
Pontella sobre un rego afluente da Ribeira de Porto Avelar.
Represa nun rego na aldea de Oucias.
Rego a metade do camino entre Lombadinha e Oucias.
Rego nas proximidades da aldea de Lombadinha.
Rego nas aforas da aldea de Lombadinha.
Rego que pasa pola aldea de Lombadinha.
Río que vertebra o noso roteiro. Nace na parte de enriba da aldea de Avelar e desemboca no Ázere que é un afluente do río Vez.
Rocha granítica a cabalo doutra, nas proximidades da aldea de Avelar.
Aldea na marxe dereita da Ribeira de Porto Avelar.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta