Tempo  7 horas 35 minutos

Coordenadas 1939

Fecha de subida 21 de septiembre de 2017

Fecha de realización septiembre 2017

-
-
1.108 m
236 m
0
5,7
11
22,89 km

Vista 829 veces, descargada 36 veces

preto de Sistelo, Viana do Castelo (Portugal)

Comeza a ruta en Sistelo, o Chamado Pequeño Tíbet Portugués, dirixímonos cara a igrexa para baixar cara o rio por unhas esqueiras xa bastante deterioradas polo paso do tempo.
Cruzamos o rio nunha zona de lecer e comezamos a subida por un camiño empedrado, chegando a un cruce onde se indican as rutas. Desviándonos cara a esquerda levamos unha pequena ascensión onde se vai observando o val ata Porta de Alvite onde camiñamos uns metros pola estrada en dirección a Sistelo, onde de novo colleremos un roleiro que nos mete no monte e fainos saír a pista que leva ata unha aldea da que non teño datos. A partir desta aldea comeza un camiño pola ladeira, onde vaise vendo os socalcos tanto dunha aba, como da outra. A vista e moi agradábel, neste tempo esta de cor da palla, e nalgúns dos socalcos, pódense ver os palleiros, feitos do millo.
Chegando o rio de novo, cruzase por unha ponte de orixe medieval e comeza a ascensión ata Porta Cova, onde non pararemos de subir ata O Alto de Vez, algunha vez con mais pendente que outra, O camiño atopase empedrado, e vai entre os lindes das fincas. Unha vez chegado o cruce por onde logo volveremos e tamén onde se atopa indicadas o PR1, PR6 e o GR remata durante un treito o camiño de pedra dando paso a un camiño polo medio do monte onde pasta en liberdade o gando.
Chegamos logo a Branda do furado onde de novo o pasala, temos a indicación da ruta e tamén do camiño cara a Peneda. Quédanos logo o ultimo ascenso ata O Alto de Vez, onde as vistas de todo o val e ata Outeiro Alvo, que asoma ca súa cor a pedra, contrastando coa cor do verde dos montes.
Comeza o descenso, pasando por a branda de Crastivò, que se atopa en ruínas agás de dúas cabanas que estanse a restaurar.
Chegando de novo o cruce onde antes subiamos e non parando de baixar, o que ante subimos. O pasar Porta da Cova, baixamos polo mesmo camiño ata a anima, onde viraremos cara a esquerda pra coller o “Trillo dos socalcos de Sistelo” Pasando por Pradao onde nesta ruta fago unha variación que non recomendo, xa que tense que saltar de un socalco a outro e logo internarnos no monte con bastante maleza para buscar unha saída a estrada. Seguindo a Sistelo, remata a ruta.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta