-
-
734 m
182 m
0
2,3
4,6
9,18 km

Vista 10 veces, descargada 1 veces

preto de Sistelo, Viana do Castelo (Portugal)

Esta ruta fixémola no sentido contrario ó indicado nos rotulos de inicio da mesma. Deste xeito fixemos todo o percorrido saudando a todolos que viñan facendo o percurso no sentido das agullas do reloxo (analóxico, claro), agora xa case non se pode facer esta indicación. Todo se volve dixital
Pero bueno, tivemos un día soleado e precioso para disfrutar ó máximo dunha ruta tan fermosa como o día.
Comenza con un ascenso constante ate unas brandas moi antigas cun bosque precioso, con moita auga, con cachena, muros e cobertizo de pedra...precioso. O camiño vai discurrindo por unha alfombra verde por tramos. Con alcochado de folla de carballo, pino, vidueiro noutros e con moita calzada empedrada que admira polo traballiño que tiveron que pasar para facela como medio de transito de gando e demáis
Unha vez na cota empezamos abaixar por un bosque sombrio e con moito encanto, para abrirse un claro permanente cuns pastizais cercados con muros, unha cabana de gando e máis muros; precisos todos eles.
De súpeto e sen presentacións, un atópase na Branda do Alhal, unha estampa preciosa de muros e construccións armonizadas e preciosas entre as que nos deixamos levar baixando paisaniñamente cun empedrado impresionante
Dende Alhal xa se divisa o punto de partida; Sistelo e deisaxe intuir moi cerca a poboación de Pedrao, encrucillada de camiños que levan calquera deles a sitios preciosos
Paga a pena visitar a pequena igresia e departir unhas parolas ca boa xente do lugar. Moi acostumadas a ver pasar as procesións de sendeirista.
A nos que ibamos en sentido contrario nesta ruta 14, rapidamente nos advertiron que ibamos en sentido contrario...
Nesta confluencia de camiños no centro de Pedrao temos a obción de baixar directamente cara Sistelo ou deixarnos caer en sentido contrario ate o río onde nos sorprendería unha ponte preciosa con augas cristalinas e moi desexada na época estival
Pero bueno, si decidimos baixar a Sistelo directamente seguiremos a indicación da ruta 14 e unha vez andemos uns 500m. atoparemos a desviación correspondente a outra ruta: a 21, que igualmente nos leva a Sistelo, pero con outra baixada menos pedregosa pero sin as vistas dos socalcos.
E mais agradable a baixada da 14 acariciando os socalcos. Pero neste caso todolos camiños levan a Sistelo
Ruta imprescindible para calquera amante do sendeirismo

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta