Tempo  un minuto

Coordenadas 1297

Fecha de subida 24 de marzo de 2014

Fecha de realización marzo 2014

-
-
590 m
242 m
0
3,6
7,1
14,25 km

Vista 2066 veces, descargada 67 veces

preto de Arado, Viana do Castelo (Portugal)

Cando os terreos presentan unha forte pendente, os agricultores fan uso dunha técnica de preparación dos seus agros que consiste na formación dos socalcos, pequenas parcelas niveladas e delimitadas por valados de pedra e que van ascendendo pola valgada en sucesivas terrazas.
Este tipo de aproveitamento en bancais úsase na zona da nosa andaina, na freguesía de Sistelo, no concello de Arcos de Valdevez.

O roteiro artéllase arredor dun impetuoso e xove río Vez, que baixa polo seu val de orixe glaciar desde o seu nacedeiro na Serra da Peneda. Un sitio cómodo para comezar a estarricar as nosas pernas é o Alto da Portela de Alvite, no recinto da feira de gando.

Ver más external

Peto de ánimas na aldea de Estrica.
Peto de ánimas situado no camiño que une Padrao e Porta Cova.
Aldea preto do Alto do Alvite.
Vieiro empedrado en Padrao, Sistelo.
Bosque de carballos en Estrica.
Pazo do Visconde de Sistelo.
Cabana feita en pedra.
Cabanas de pedra.
Recinto para o aproveitamento do grao dos cereais.
Escadas de baixada ao río Vez desde a igrexa parroquial de Sistelo.
Aldea da freguesía de Sistelo, Arcos de Valdevez.
Alto da Portela do Alvite, onde se celebra unha feira de gando os días 12 e 28 de cada mes. Punto de comezo do roteiro.
Fonte na aldea de Padrao, Sistelo.
Fonte na aldea de Estrica.
Fonte nos arrdores da aldea de Estrica.
Igrexa parroquial da freguesía de Sistelo, Arcos de Valdevez.
Muíño en Sistelo, as beiras do río Vez.
Aldea da freguesía de Sistelo, Arcos de Valdevez.
Aldea nos arredores da Portela do Alvite, colgando sobre o río Vez.
Antiga ponte con arco de medio punto sobre o río Vez.
Pontillón nun rego que baixa hacia o Vez en Porta Cova.
Pontillón de pedra nun rego que baixa hacia o Vez.
Pontillón de pedra sobre un rego en Sistelo, subindo para o Alto da Portela do Alvite.
Marcas deixadas polas rodas dos carros, na aldea de Arado.
Freguesía do concello de Arcos de Valdevez con pouco máis de 300 habitantes. Nas abas da Serra da Peneda e nas marxes do río Vez.
Percurso en Sistelo, arredor do río Vez.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta