-
-
510 m
344 m
0
3,2
6,5
12,92 km

Vista 5470 veces, descargada 121 veces

preto de Vilela, Galicia (España)

Esta ruta vainos achegar ata os socalcos construidos arredor do encoro de Belesar para a plantación de viñedos, no concello lucense de Taboada e na Ribeira Sacra do río Miño.
Ten seu comezo no quilómetro 45 da estrada que vai de Chantada a Lugo, ao carón dunha ermida que hai na entrada as aldeas de Bispo e máis Sisto. O sendeiro non está sinalizado polo que faise preciso o uso de GPS.
Pasadas as casas de Sisto, viramos a esquerda para ver unha segunda capela e seguindo por a corredoira, logo de cruzar o rego de Vilela, chegamos a Quintá. Aquí proseguimos por unha congostra a man dereita e a seguir dun souto volvemos a atravesar o rego de Vilela. Metémonos por unha carballeira e por un doado camiño que nos levará enriba do encoro de Belesar.
Xa estamos metidos entre socalcos, viñedos e pequenas bodegas. Ao fondo as augas do MIño. Vemos tamén as antigas terrazas e adegas que foron asolagadas, por debaixo nosa e na outra beira do encoro. A extensión dos muros a medio derrubar é quilométrica.
Proseguimos polos camiños que dan servicio aos viñedos e acadamos a fervenza que forma o rego da Ponte de Enviande ao desembocar no Miño. Fermosa.
Volvemos atrás para poñernos nunha cota superior e deixando atrás os socalcos, pasamos por dúas carballeiras e atravesamos a aldea de A Laxa. Para chegar a igrexa e cruceiro de Sobrecedo daremos un pequeno rodeo xa que as matogueiras cegaron a corredoira.
Andando entre veigas salpicadas de castiñeiras poñémonos na aldea de Río Seco e só nos resta volver ao punto de comezo.
Waypoint

A BELESAR

12-OCT-09 13:47:59
Waypoint

BISPO

12-OCT-09 11:25:43
Waypoint

BODEGA

12-OCT-09 12:15:48
Waypoint

CAMPO DA FESTA

12-OCT-09 14:18:42
Waypoint

CARBALLEIRA

12-OCT-09 11:51:06
Waypoint

CARBALLEIRA-2

12-OCT-09 13:45:40
Waypoint

CASA GRANDE

12-OCT-09 14:03:50
Waypoint

CORREDOIRA

12-OCT-09 11:30:33
Waypoint

CORREDOIRA-2

12-OCT-09 11:41:30
Waypoint

CRUCE

12-OCT-09 15:20:01
Waypoint

CRUCEIRO DE SOBRECEDO

12-OCT-09 14:44:34
Waypoint

ERMIDA

12-OCT-09 11:22:39
Waypoint

ERMIDA 2

12-OCT-09 11:28:44
Waypoint

FERVENZA

12-OCT-09 13:13:59
Waypoint

IGREXA SOBRECEDO

12-OCT-09 14:43:34
Waypoint

KM 45

12-OCT-09 11:22:20
Waypoint

LAXA

12-OCT-09 14:00:29
Waypoint

MINA AUGA

12-OCT-09 14:07:26
Waypoint

PRESA

12-OCT-09 12:18:32
Waypoint

QUINTÁ

12-OCT-09 11:37:33
Waypoint

REGO VILELA

12-OCT-09 11:32:30
Waypoint

REGO-VILELA

12-OCT-09 11:48:06
Waypoint

RIOSECO

12-OCT-09 15:13:07
Waypoint

SOCALCOS

12-OCT-09 12:51:39
Waypoint

SOUTO

12-OCT-09 11:44:50

8 comentarios

  • Foto de elcorty

    elcorty 16-oct-2009

    Obrigado por compartir estas fermosas rutas. Haber si podo facer esta nestas datas porque os viñedos teñen un colorido espacial. Saúdos

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 17-oct-2009

    Hai un sendeiro homologado con semellanzas con este, xa que vai tamén entre socalcos. É o PR-G86, Sendeiro dos viñedos da Ribeira Sacra. Está no concello de Sober e na conca do río Sil.

  • Foto de elcorty

    elcorty 17-oct-2009

    Ese xa o fixen no 2007 e outro denominado Os canóns do Sil, entre Doade e Amandi. Este parece ter moito desnivel na parte do río e non sei si se pode camiñar por os socalcos por algún sendeiro pero é de supoñer que si. Saúdos

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 18-oct-2009

    O desnivel non é moi importante, son só 100 m. e por camiños moi cómodos de servicio aos viñedos

  • Foto de Pelindre

    Pelindre 31-oct-2009

    Fixémola a primeiros de Outubro e gustounos moito,coma algunhas piñas de uva que ainda quedaban nas cepas.

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 02-nov-2009

    O outono é a mellor tempada para facela polas cores das follas case secas dos carballos, castiñeiras e viñedos. Toda unha gama cromética para disfute da vista.

  • Foto de jose armesto

    jose armesto 13-abr-2012

    Gustoume moito, e tamén está bonita na primavera:-)

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 14-abr-2012

    Alédome que che gustase, José. A zona dende logo para min é moi fermosa. Unha aperta de Suso, Armesto.

Si quieres, puedes o esta ruta