Tempo  8 horas 33 minutos

Coordenadas 3417

Fecha de subida 18 de junio de 2014

Fecha de realización mayo 2014

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
2.003 m
865 m
0
5,0
10
20,15 km

Vista 7237 veces, descargada 423 veces

preto de Sotres, Asturias (España)

Unha ruta fermosa nun medio espectacular. A distancia non é excesiva e a ascensión non é dura, agás o último quilómetro e medio… aquí o perfil engana bastante. Polo que viramos antes de ir, a subida semellaba tendida e constante ao longo duns oito ou nove quilómetros, mais a última parte si resulta algo esixente.
Comezamos nas Invernales del Texu, construcións de pedra e tella nas que pasaba o inverno o gando. De aí á Majada de la Roble case tres quilómetros e pouco despois o Collado de Pandébano. Polo que vimos, moita xente chega co coche até pouco antes desta golada, mais o paseo dende as invernais é ben sinxelo.
O ceo aquí é moi cambiante, pero co día algo despexado a partir de Pandébano xa se ve perfectamente a mole vertical de El Picu: así é como o coñece a xente da zona e de boa parte de Asturias, tamén Urriellu, modernamente Naranjo de Bulnes para moita xente, pero non para a xente de aquí. Bulnes é a aldea e na zona máis próxima ao Picu non vos hai máis Bulnes. Urrieles era o nome primitivo deste macizo antes de ser coñecido como Picos de Europa.
Despois de Pandébano e unha vez pasada a Majada de La Tenerosa (onde hai refuxio) o camiño é cada vez máis espectacular, tanto nas vistas como pola propia ruta, atravesando zonas de pedreiro, a Canal de Vallejo, neveiros cada vez máis grandes, vendo cada vez máis próximo o obxectivo.
Despois do tramo máis duro, de aproximadamente un quilómetro, xa se albisca o refuxio, na Vega de Urriellu. Pode ser bastante discutible que teña que haber aquí arriba unha edificación tan grande, con servizo diario de comidas… mais as cervexiñas frescas que nos puxeron baixaron de marabilla. Onda o refuxio tamén hai fonte.
O contorno é incrible, El Picu abraiante. Gustariamos de ter seguido até as goladas próximas, mais a neve a partir do refuxio pedía algo máis nos pés que unha chirucas.
Día azul e fermoso, mais no descenso logo de xantar, e tal como din que acontece case decote, a medida que camiñas podes ver entar as nubes ou a néboa. Un descanso en Pandébano e de novo en Sotres.
Abofé que esta ruta paga a pena.
Invernales del Texu
Majada de la Roble
Collado Pandébano
Majada de la Terenosa - Refuxio
Vista da aldea de Bulnes
Vistas dende unha elevación á dereita do camiño. As vistas de El Picu son abraiantes.
Canal del Vallejo
Refuxio na Vega de Urriellu, ao pé de El Picu

3 comentarios

  • Foto de ciriIII

    ciriIII 19-jun-2014

    quero mais !!! https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/sotres-el-picu-urriellu-sotres-7110883/photo-4018447

  • josetomastrejo 27-sep-2016

    He realizado esta ruta  ver detalle

    Hay que ir preparado, aqui un dia esplendido de sol puede convertirse en lluvia torrencial, el refugio esta abierto de marzo a diciembre , hay que tenerlo en cuenta, por lo demás la ruta es muy bonita, ascensión continua, y en algunos pasos dura, pero con buen tiempo muy agradable.

  • Foto de Xoanzinho

    Xoanzinho 08-oct-2016

    Grazas polo comentario e pola valoración, josetomastrejo. En altitudes como estas, hai que ir preparado para calquera eventualidade, loxicamente.

Si quieres, puedes o esta ruta