Coordenadas 1231

Fecha de subida 24 de noviembre de 2018

Fecha de realización noviembre 2018

  • Valoración

     
  • Información

     
  • Fácil de seguir

     
  • Entorno

     
-
-
963 m
684 m
0
3,5
7,0
14,0 km

Vista 345 veces, descargada 20 veces

preto de Cerdeira, Galicia (España)

No concello ourensán de San Xoán de Río, na comarca de Terra de Trives, medra unha importante fraga nas abas que caen cara a bacía do río Navea; é un vizoso bosque mixto no que predominan os castiñeiros e rebolos, tendo tamén presenza os carballos, bidueiros e outros.

A importancia do sendeiro non só é de tipo natural xa que por estas terras pasaba a Vía XVIII do itinerario romano Antonino que ligaba Braga e Astorga.

O percorrido, circular, comezámolo a beira da estrada que vai entre Castro Caldelas e Pobra de Trives e, facendo o traxecto en sentido contrario as agullas do reloxo, baixamos a aldea de As Guístolas, por riba do encoro, e aquí collemos un camiño carreteiro que leva a Ponte Navea. Esta pequena aldea, a un e outro lado de río Navea, e pertencente aos concellos de San Xoán e A Pobra, tivo unha enorme importancia na antigüidade polo paso da Vía XVIII romana que por aquí salvaba o río pola ponte que máis tarde sería reformada no medievo e que hoxe está incluída no Inventario de Pontes Históricas de Galicia, sendo Monumento Histórico-Artístico. Crese que a ponte romana sería máis ancha que a medieval (7,60 m fronte aos 3,60 m actuais) e tamén variaría a súa estructura na que posiblemente houbera dous arcos.

A carón da Ponte Navea levántase a capela da Encarnación, sobre o que debeu ser un templo romano. Na súa portada luce a cruz de Malta, o que confirma que pertenceu a orde militar de San Xoán de Xerusalén.

A nosa andaina sobe agora a procura das fragas do Navea e sumérxenos nuns abraiantes e vastos soutos con exemplares de castiñeiros centenarios de grosos troncos e reboleiras onde crecen os cerquiños. Un miradoiro facilítanos a vista dun anaco desta arboreda de 116,52 ha que se estende arredor da cunca do Navea, con Pena Folenche de fronte.

Ao chegar a O Campo, a capital de San Xoán do Río, estamos na parte máis alta do roteiro e veremos a igrexa parroquial barroca, con pranta de tres naves e forma de cruz latina.

Por camiños en bo estado imos baixando ata a aldea de Mouruás, onde se atopou unha espada da Idade de Bronce e restos de orixe romana. Prosegue o descenso entre soutos para rematar onde comezamos.

Ver más external

Lugar preto da capital do concello de San Xoán de Río.
Aldea no concello de San Xoán de Río. Na parte de abaixo está o encoro no río Navea.
Camiño entre a aldea de As Guístolas e Ponte Navea.
Camiño en O Campo.
Camiño entre as aldeas de Mouruás e San Xulián.
Ermida en Ponte Navea. Ten na súa portada unha cruz da orde militar de Malta.
Ermida na aldea de Mouruás.
Punto de inicio a beira da estrada entre Castro Caldelas e A Pobra de Trives.
Igrexa parroquial en estilo barroca en San Xoán de Río.
Miradoiro da Fraga do Navea, fronte a Pena Folenche.
Mouruás é unha aldea de San Xoán de Río. Aquí atopouse unha espada da Idade de Bronce.
Aldea con casas a unha e outra ribeira do río Navea e concellos de San Xoán de Río e A Pobra de Trives. Aquí está a ponte medieval e orixe romana pola que pasaba a Vía XVIII entre Braga e Astorga.
Pradarías en O Campo.
Bosque de rebolos ou cerquiños na fraga do Navea, no concello de San Xoán de Río.
Regato afluente do río Navea.
Aldea no concello de San Xoán de Río.
Souto integrada nas Fragas do Navea. Por debaixo de San Xoán de Río.
Bosque de castiñeiros entre as aldeas de San Xulián e As Guístolas.

3 comentarios

  • Foto de Jlarcosp

    Jlarcosp 29-nov-2018

    Gracias por tus aportaciones, siempre sitios preciosos y basándonos en ellas disfrutamos de bellos lugares. Tomamos nota de esta, que tiene muy buena pinta, quizás en la primavera o mejor para el próximo otoño, en este no nos da tiempo a cogerlo. Un saludo, gracias

  • Foto de jesussimon

    jesussimon 29-nov-2018

    Sin duda, la época indicada para hacer la ruta es el otoño.
    Saludos.

  • Foto de Jlarcosp

    Jlarcosp 02-dic-2018

    He realizado esta ruta  verificado  ver detalle

    Sin la aportación de "jesussimon", del que cogimos los datos, sería imposible de seguir

Si quieres, puedes o esta ruta