-
-
711 m
250 m
0
2,9
5,7
11,49 km

Vista 79 veces, descargada 2 veces

preto de Couselo, Galicia (España)

Variante da ruta Cuntis - Xesteiras desde Couselo que tomei como referencia https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/cuntis-monte-xesteiras-dende-couselo-9774518 pero un pouco máis curta e realizada neste caso no sentido das agullas do reloxo. Subín aproveitando que no día da meteoroloxía Meteogalicia ofrecía unha visita guiada ao Radar que teñen arriba: paga a pena. Fana tódolos anos arredor do 23 de marzo, se estades interesados mirade en meteogalicia.gal.

A camiñada preciosa, especialmente a baixada, máis suave e entre bosques. As vistas desde o cumio, e especialmente desde o radar, espectaculares. Ao principio da subida hai un tramo de camiño con toxos e silvas, en marzo de 2019 pódese pasar sen demasiado problema. Nada máis baixar do radar hai un desvío de ida e volta de poucas decenas de metros ata unha pedra con forma singular. Cara ao final da ruta decidín baixar un tramo polo cortalumes, chega un momento no que o desnivel é demasiado pronunciado, está marcado cun waypoint o lugar no que aconsello seguir o camiño da dereita en lugar do cortalumes.
Waypoint

Baixada forte polo cortalumes

Se non hai présa, mellor coller aquí o camiño da dereita, un pouco máis longo pero moito máis suave e bonito. O cortalumes ten unha pendente demasiado acusada.
Waypoint

Toxos e silvas

Pódese andar sen problema (22 marzo 2019) pero este tramo do camiño está bastante cheo de toxos e silvas. Son algúns centos de metros. Un pouco máis arriba o camiño está limpo de novo.
Waypoint

Verxa

Aquí hai unha verxa con arame de espiños. Hai que pasala por debaixo, sen problema.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta