• Foto de Subida ao Castelo da Cerveira.
  • Foto de Subida ao Castelo da Cerveira.
  • Foto de Subida ao Castelo da Cerveira.
  • Foto de Subida ao Castelo da Cerveira.

Tempo  5 horas 51 minutos

Coordenadas 1038

Fecha de subida 20 de septiembre de 2015

Fecha de realización septiembre 2015

-
-
1.594 m
1.118 m
0
2,7
5,5
10,96 km

Vista 1006 veces, descargada 12 veces

preto de Pradoalvar, Galicia (España)

Para quen non coñeza, a saída faise dende Pradoalbar (Pedralbar din os nativos). Aquí comezou a marcar máis adiante, pero non ten perda. Ademais a xente desta zona é extraordinariamente cordial e está encantada de dar informacións e conversar.
A subida, neste caso, é polo lugar indicado por un poste (queimado) a pouco de atravesar o regato que baixa de Berganzo. Este ascenso é moi vertical e non hai trillo feito, polo que cómpre atrochar, pero é monte baixo e non presenta mores problemas. Unha serie de fitos ou estantes (que cada camiñante vai mellorando) guíanos cara a cima.
Os restos do "catelo" están moi danados especialmente polo vandalismo histórico de tirar as pedras a roullar polo pente abaixo.
A baixada é pola banda do Lagorzo e Cerveira. É moito máis descansada, pero máis longa. Novamente aquí os camiños non existen ou están xa perdidos pola vexetación que recupera o seu.
Na baixada pasamos ao lado do curro de Vilariño e perto do de Soutelo. En Cerveira podemos ver o curral do Benjamín, onde se gardaba o gando polas noites. Unha pena ver todo en proceso de abandono total...
É unha ruta dura pero interesante, pola beleza das paisaxes agrestes e e os valores socioculturais que atopamos. Podemos observar os restos do glaciarismo nos vales de Berganzo e Cerveira e mesmo do que penso que foi un lago glaciar non Lagorzo. De admirar son os camiños que fixeron os homes locais a penas coas súas mans. Logo, o Castelo, impresionante fortaleza un lugar xa de por si apropiado para defenderse dun ataque inimigo.

Comentarios

    Si quieres, puedes o esta ruta